_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
García planteará ao IGVS a posibilidade de incluír as propiedades dos bancos no programa de vivendas baleiras

A concelleira de Benestar, Tania García, planteará ao Instituto Galego de Vivenda e Solo a posibilidade de que o organismo inclúa no programa de Vivendas Baleiras as propiedades en mans das entidades bancarias. A concelleira socialista propón esta medida co obxecto de crear un fondo de pisos para atender as peticións das persoas que xa se interesaron en alugar vivendas a través desta iniciativa social e que están á espera de que os propietarios poñan inmobles a disposición do programa, xa que ata o de agora non se rexistrou ningunha alta, pese ás avantaxas e garantías que se ofrecen dende a administración.
27.12.2017.- O Concello de Vilagarcía adheriuse a principios de ano ao programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia e da FEGAMP, unha iniciativa de carácter social que ten como obxectivo ofrecer vivenda de aluguer a prezos asequibles para garantir o acceso á vivenda ás persoas cuxo nivel de ingresos non lles permite acceder aos actuais prezos de mercado. Este programa pretende tamén dar uso á importante bolsa de vivenda desocupada que existe en Galicia e que, polo tanto, resulta improdutiva para os seus propietarios.


Tras asinar o convenio coa Xunta e a FEGAMP, crear as comisións pertinentes e poñer en marcha o procedemento, a principios de outubro abriuse a inscrición tanto para os demandantes de vivenda como para a inscrición de propiedades no rexistro do programa. Nos máis de dous meses e medio transcorridos dende entón non se puxo a disposición do programa ningunha vivenda en Vilagarcía, aínda que si se presentaron solicitudes de particulares interesados en alugar no noso municipio, que seguen á espera de que os arrendatarios se animen a dar de alta as súas propiedades. Mentres isto non sucede, García Sanmartín planteará ao IGVS a opción das propiedades en mans das entidades crediticias que posúen numerosas vivendas en Vilagarcía.

Por outro lado, a concelleira volve a lembrar as numerosas avantaxas en garantías que a administración ofrece aos propietarios que inscriban os seus inmobles no rexistro do programa de Vivendas Baleiras.

Os propietarios, ben sexan persoas físicas ou xurídicas, dispoñen de subvencións para a realización de obras de acondicionamento dos inmobles. Ademais, as vivendas que se adhiran a este programa estarán aseguradas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo con pólizas que cubrirán tanto o impago dos alugueres por parte dos inquilinos como os desperfectos que puideran sufrir o inmoble.

Os arrendadores tamén saen gañando xa que tanto a súa propiedade está plenamente asegurada a través dun seguro multirrisco do fogar que financiará o IGVS e que cubrirá todo o período do arrendamento, así como dun seguro da garantía de cobro da rendas nas mensualidades impagadas, polo que o donos nunca deixará de cobrar o aluguer. Ademais, de producirse algún conflito, a Xunta tamén cubriría da asistencia e defensa xurídica dos arrendadores.

Ademais, no caso de que a propiedade teña que realizar obras por indicación expresa da inspección técnica previa, poden solicitar axudas a través da liña creada expresamente pola Xunta para subvencionar reformas en vivendas a incluír na bolsa deste programa autonómico.

As vivendas a incorporar á bolsa deben someterse previamente a unha inspección que realizarán de xeito gratuíto os servizos técnicos de Urbanismo do Concello para avaliar o estado e características das mesmas e as condicións de habitabilidade.

O convenio entre o IGVS e a Fegamp, establece tamén o prezo máximo do aluguer en función da entidade dos municipios. No caso de Vilagarcía, a cota non poderá superar os 300 euros mensuais e fixarase en función do informe técnico unha vez avaliadas as características do inmoble.

Para obter máis información sobre o Programa de Vivendas Baleiras, os interesados poden dirixirse ao departamento de Urbanismo do Concello de Vilagarcía, ben sexan propietarios que queren incluír inmobles no censo, como persoas que queren demandan demandar un aluguer. En calquera caso, a adxudicación de alugueres dependerán das vivendas que se poñan a disposición.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -