_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os representantes da corporación analizan o venres as alternativas para continuar a tramitación do PXOM

.- O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, convocou para o venres ás 11 da mañá aos representantes da Corporación Municipal co obxecto de abordar conxuntamente as alternativas existentes para poder continuar coa tramitación do PXOM. Como se sabe, o Concello de Vilagarcía, igual que outros moitos municipios galegos, veu paralizada o proceso de redacción e tramitación do plan xeral tras a decisión de Eptisa de prescindir da súa sección de planeamento como consecuencia da nova liña de traballo imposta pola dirección da multinacional chinesa que absorbeu á consultora.
03.01.2018.- O grupo de traballo, no que están representados todos os grupos da Corporación, analizará os informes técnicos e xurídicos dos servizos municipais, así como as alternativas existentes para salvar este novo obstáculo no marco da normativa á que está sometida toda administración pública.

O goberno local confía en que a solución que finalmente se decida adoptar posibilite manter o calendario previsto no seu día, é dicir, lograr a aprobación inicial do PXOM dentro do actual mandato.

No momento no que Eptisa renunciou á continuar os traballos, o documento inicial xa estaba elaborado e remitido á Xunta de Galicia na primavera de 2017. A principios de verán e seguindo o procedemento habitual, o Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas demandou ao Concello que complementase a información técnica enviada co obxecto de poder realizar a análise pertinente antes de someter o documento á consulta do órgano competente en materia de urbanismo.

A información requirida non se puido remitir, posto que foi nese momento cando Eptisa renunciou ao contrato. Dende entón e ata o de agora, o Concello mantivo reunións co persoal despedido por Eptisa que se encargada da sección de planeamentos en busca de solucións e requiriu os informes técnicos e xurídicos correspondentes ás posibles alternativas que se planean para saír deste escollo. Isto será o que terá que dicir o venres o grupo municipal de traballo.

Tras a reunión do venres, unha vez decidida a medida a levar a cabo, a tramitación do PXOM tería que continuar co envío da documentación complementaria que requiriu a Xunta. Tras obter o informe favorable, o documento deberá someterse a aprobación inicial por parte do Pleno, algo que o executivo de Varela pretende que poida facer antes de que remate o actual mandato. A continuación, abriríase o prazo de exposición pública e presentación de alegacións . Unha vez informadas e resoltas estas , p PXOM debería regresar ao Pleno para a súa aprobación provisional e, finalmente, volvería a remitirse á Xunta de Galicia á que lle corresponde aprobar definitivamente o planeamento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -