_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Doce empresas aspiran ao contrato da obra de mellora da accesibilidade na rúa Doutor Tourón

O Concello de Vilagarcía segue impulsando as actuacións de mellora da accesibilidade e a mobilidade nas rúas e espazos públicos municipais do municipio. A seguinte actuación que se levará a cabo será a da Avenida Doutor Tourón, obra en proceso de licitación á que optan doce empresas. Cun investimento de 47.552 euros, o proxecto financiado polo Concello prevé o ensanche de beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas, mellora da iluminación nos pasos de peóns e renovación das redes de auga e abastecemento.
05.01.2018.- A actuación promovida pola Área de Mobilidade e a Concellería de Obras afectará ao tramo da avenida Doutor Tourón comprendido entre a ponte do Con e a Glorieta da Mariña Española, unha zona altamente frecuentada por peóns, especialmente ás horas de entrada e saída dos colexios e da Escola Infantil da Lomba. A maiores, na actualidade as beirarrúas neste tramo son moi estreitas e vense restrinxidas aínda máis polas baixantes das ramplas dos pasos de peóns, situación que dificulta o tránsito a pé e aínda máis o paso con carros de bebé ou cadeiras de rodas, que teñen que inclinarse para pasar por eses puntos. A suma destas circunstancias fai moi necesaria a realización das obras que melloren a mobilidade no lugar.

Para salvar estas complicacións e garantir a perfecta accesibilidade as beirarrúas gañarán 1,10 metros de ancho a ambos lados da vía. A medida será posible eliminando o carril intermedio habilitado nesta zona entre os dous sentidos da circulación. Deste xeito, cumprirase a normativa de accesibilidade que marca en 1.80 metros o ancho mínimo das beirarrúas. O pavimento a utilizar para as beirarrúas será unha mestura de formigón con cemento branco que proporciona a uniformidade necesaria para facilitar o tránsito cómodo de persoas, carros ou cadeiras de rodas. Ademais, con efectos estéticos e tamén para proporcionar maior adherencia, o formigón tratarase e daráselle un acabado rallado mediante o uso dun cepillo metálico.

Os pasos de peóns nos cruces existentes na zona de actuación elevaranse ata quedar a nivel das beirarrúas para garantir a accesibilidade e dotaranse da correspondente iluminación para mellorar a seguridade viaria.

Aproveitando as obras, instalaranse novos sumideiros para a recollida de augas pluviais e elevaranse as tapas das arquetas e pozos de rexistro á nova rasante. Por último, renovarase toda a sinalización horizontal e vertical do vial.

Os traballos comezarán tan pronto como se avalíen as 12 ofertas presentadas e se adxudique a obra quen ten un prazo de execución de 1 mes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -