_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
Nove empresas presentaron ofertas para substituír as varandas do parque da Xunqueira

O Parque da Xunqueira verá mellorada a súa imaxe mediante a substitución das varandas do estanque e do tramo do río que pasa por esta importante zona verde. O Concello adxudicará en breve a actuación á mellor oferta das presentadas polas 9 nove empresas que concorreron ao concurso. Cun orzamento de 99.999 euros, trátase dunha actuación máis das que está a levar a cabo e goberno local para mellorar a imaxe e poñer en valor a zona histórica e monumental de Vista Alegre e do Castro de Alobre.
05.01.2018.- O proxecto financiarase cos fondos provinciais que lle corresponden a Vilagarcía a través do POS 2017 e foi autorizado pola Comisión Provincial de Patrimonio da Xunta de Galicia, trámite de obrigado cumprimento por tratarse dunha actuación comprendida na área de influencia do conxunto histórico de Vista Alegre, declarado Monumento Histórico Nacional.

O proxecto deseñado polo Arquitecto das Áreas de Rehabilitación Integradas do Concello prevé actuar nas dúas marxes do río que discorren entre a Ponte de Vista Alegre e a de Doutor Tourón, así como en todo o borde do afluente e estanque do parque, o que discorre paralelo á fachada posterior do Convento.

Para as dúas varandas do Con proponse un tratamento similar, non como na actualidade, na que cada marxe ten un deseño distinto. Utilizaranse os mesmos materiais en ambas veredas e o deseño final atenderá a criterios de seguridade, dado que se trata dun lugar moi frecuentado polos cativos que xogan na zona e se asoman ao río a ver os parrulos.

En concordancia cos criterio seguidos en actuacións anteriores no municipio, os materiais a utilizar, ademais de incidir na sinxeleza e estética do deseño, terán que contar ademais coas características de resistencia e durabilidade, de feito que eviten a realización constante de tarefas de mantemento e os conseguintes custes do mesmo. Por esta razón, proponse o uso de aceiro cortén como o usado nas escaleiras de Vista Alegre e o Castro de Alobre, sitos tamén na mesma contorna, combinado con pedra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2018  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -