_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As vodas civís no consistorio volveron a bater récords en 2017 con 64 celebracións

As vodas civís celebradas no Concello volveron a incrementarse en 2017, ano no que o consistorio foi escenario de 64 celebracións. A cifra é todo un récord e bate o do ano anterior, cando con 58 cerimonias se romperá por primeira vez o teito histórico dende que o Concello de Vilagarcía comezase a oficiar matrimonios civís en 1995. No ano que acabamos de despedir, o concelleiro máis casamenteiro foi Lino Mouriño, que casou a nada menos que a 24 parellas. En total foron 11 membros da Corporación os que oficiaron vodas o pasado ano.
06.01.2018.- A competencia de oficiar os casamentos civís nun Concello corresponde ao alcalde que, non obstante, pode delegar en calquera membro da Corporación por asuntos de axenda ou a petición expresa dos noivos. Como consecuencia a esta disposición, Lino Mouriño relevou este ano a Paola Maria como concelleiro máis casamenteira, aínda que a edil de Urbanismo tamén tivo bastante actividade, xa que oficiou 14 vodas. O terceiro lugar ocupouno o tamén socialista Tania García con 8 vodas; o cuarto a concelleira de Cultura, Sonia Outón, con 5 mentres que o alcalde, Alberto Varela oficiou 3 casamentos. O ránking do executivo péchano Arguimiro Serén, con 2 vodas celebradas e Juan Antonio Pérez Callón con 1.

Os edís do grupo de goberno non foron os únicos que oficiaron matrimonios civís. O ano pasado o voceiro de EU, Jesús Lopez, casou a 3 parellas e a popular, Elena Suárez a 2. Tamén Rocío Llovo e María Mosquera tiveron a oportunidade de presidir a celebración dun matrimonio civil cada unha delas.

Setembro foi o mes máis concorrido
A meirande parte das vodas celebradas no Concello concentráronse nos meses de verán. Só entre xuño e setembro oficiáronse 40 cerimonias en Ravella. A axenda máis apretada tívoa setembro, mes elixido por 14 parellas para casar no consistorio. Seguíronlle xuño, xullo e outubro, con 9 vodas en cada un, e agosto, con 8. Os únicos meses do ano nos que non se oficiou ningún casamento en Ravella en 2017 foron novembro e decembro.


736 parellas casaron en Ravella en 22 anos
O Concello de Vilagarcía leva 22 anos celebrando vodas civís. A primeira tivo lugar na primavera de 1995 e, dende entón, suman 736 as parellas que elixiron o consistorio para contraer matrimonio pola vía civil.

Voda administrativa ou cerimonial
Os noivos que elixen o Concello para casar poden optar pola voda administrativa ou pola cerimonial. As primeiras poden celebrarse de luns a venres en horario laboral do Concello e consisten na firma da documentación na Alcaldía. A voda cerimonial pode celebrarse polas tardes, fins de semana ou festivos. Teñen lugar no Salón Nobre e a escalinata principal do Concello cóbrese coa alfombra vermella.

Dende o ano 2007, as vodas cerimoniais conlevan a aplicación dunha taxa correspondente aos gastos de apertura do Concello fora de horario laboral e do persoal preciso para a posta a punto do salón nobre. Dende 2015, a taxa mantense 78,05 euros.

Tamén nesto das vodas civís cambian as modas e costumes. Duns anos cara aquí estanse a celebrar vodas cerimoniais tamén en días laborais, a petición dos noivos e cada vez son máis as parellas que optan por celebrar a cerimonia civil no mesmo lugar no que ofrecen o banquete, como pazos ou casas rurais. Debido a esta costume cada vez máis habitual, en 2016 comezouse a cobrar quilometraxe polo desprazamento do concelleiro que vaia a oficiar unha voda fóra do termo municipal. A suma será a que por convenio se paga aos traballadores do Concello: 0,19 euros por quilometraxe.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -