_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello coordina cos distintos axentes o protocolo municipal de actuación durante olas de frío

O Concello de Vilagarcía acolleu esta mañá unha xuntanza de traballo para ampliar e coordinar o protocolo municipal a seguir en caso de olas de frío co obxecto de atender e protexer ás persoas sen fogar pu que se atopan en situación de vulnerabilidade. A reunión, convocada e dirixida polos Servizos Sociais municipais contou coa asistencia das entidades sociais que xa participaban no protocolo ao que se incorporaron novos axentes que tamén intervirán nos procedementos: servizos sanitarios, grupos de emerxencias e policías.
09.01.2018.- Ademais da concelleira e da coordinadora dos Servizos Sociais do Concello, asistiron á xuntanza representantes de Cruz vermella, Cáritas Interparroquial, Centro de Saúde, Hospital Comarcal, Policía Local, Policía Nacional e Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil.

O Concello contaba xa cun protocolo de actuacións ante as inclemencias meteorolóxicas invernais. A reunión de hoxe responde aos encontros periódicos que se fan cada ano por estas datas para repasar os procedementos e medidas ante a posibilidade de que se produza unha ola de frío. Ademais de servir de recordatorio, a xuntanza tamén serviu para actualizar e completar o documento recollendo ideas ou necesidades detectadas polos axentes, como concretar o procedemento de derivacións ou a elaboración dunha guía de recursos na que, por exemplo, o Concello incluirá a praza da que dispón na Residencia Divina Pastora tras a sinatura do último convenio coa entidade e que se reserva para aloxar a persoas en casos de urxencia.

O protocolo presta especial atención aos indixentes que pernoctan nas rúas, pero tamén a aquelas persoas que aínda tendo teito baixo o que refuxiarse, se atopan en situación de vulnerabilidade por residir en infravivendas ou non poder afrontar pola súa conta as protección térmica dos seus fogares. Reparto de mantas, alimentos quentes, kits de abrigo, ampliación de horarios no albergue, ou habilitar espazos provisional para aloxar a estas persoas durante as olas de frío son algunhas das medidas previstas no documento; así como a coordinación entre os diferentes axentes implicados.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -