_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Cortegada acollerá un simulacro de extinción de lumes antes do verán

A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Ana Díaz, foi a encargada de presentar aos representantes municipais e dos axentes sociais e económicos de Carril o proxecto do Plan Reitor de Usos e Xestión para a illa de Cortegada, incluída no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. No marco das medidas previstas no documento que ten como obxectivo establecer unha regulación que garanta a conservación do patrimonio natural da illa, o alcalde, Alberto Varela, aproveitou para volver a demandar á Xunta o necesario simulacro de incendios, medida que a directora xeral se comprometeu a levar a cabo no primeiro semestre do ano.
09.01.2018.- Como se sabe, a preocupación do goberno local ante o perigo de lumes en Cortegada –agudizada tras o conato rexistrado no verán de 2015- sumado á total carencia de medios de extinción exclusivos para Cortegada, derivou nos últimos anos en insistentes demandas á Xunta de Galicia requirindo medidas para reducir estes riscos. O anuncio realizado hai máis de dous anos dun simulacro para ensaiar o protocolo de actuación en caso dun lume e probar os medios existentes nunca se chegou a materializar, de aí a petición que Varela volveu a plantear hoxe e que, en principio, tivo unha acollida positiva.

Hai que lembrar que no Pleno de decembro, a Corporación municipal aprobou por unanimidade a moción presentada polo grupo socialista para instar á Xunta a dotar a Cortegada de medios exclusivos e emprazados na illa para loitar contra o lume. Nesta mesma moción tamén se demandaba á administración autonómica a creación dun Centro de Interpretación de Cortegada, recurso necesario para dar a coñecer o valor e riqueza natural, histórica e etnográfica da illa e co que contan, por exemplo as Cíes. O rexedor tamén comentou o punto con Díaz quen emprazou ao Concello a ir buscando posibles emprazamentos para estudar as viabilidade de materialización.

A importancia que o PRUX ten para Vilagarcía e para os axentes sociais de Carril quedou patente na resposta á convocatoria, á que asistiron todos os colectivos e entidades citados: sectores produtivos do mar, empresas turísticas, asociacións veciñais e entidades de Carril. O seu interese vén dado porque documento regulará as condicións nas que se poderán realizar estes servizos e mesmo a explotación dos recursos marisqueiros e pesqueiros situados nesta área do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Neste sentido, a directora xeral quixo tranquilizar a todos os presentes, especialmente a mariscadores e parquistas, garantindo que o novo Plan non afectará a actividade marisqueira xa que non se modifican as actuais condicións de explotación. Tampouco haberá cambios, segundo indicou no encontro a directora xeral, nos cupos de visita á illa - aspecto que preocupaba ás empresas que se encargan de organizar os tours e visitas guiadas-, posto que se consideran apropiados para garantir a preservación do espazo natural sen masificalo nin degradalo.

Díaz insistiu en que o Plan Reitor de Usos e xestión é moi necesario e beneficioso para todos xa que o seu obxectivo é conservar o ecosistema tan especial que forma Cortegada e a súa contorna, máis aínda cando se está tramitando a candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia para ser declarado Patrimonio da Humanidade. A directora engadiu que este documento está en fase inicial de tramitación, que dentro dunhas semanas someterase á exposición pública para que os interesados poidan consultalo previamente a súa aprobación.

A responsable autonómica lembrou que o anterior Plan de Usos non chegou a aprobarse por falta de respaldo, polo que confiaba en que nesta ocasión o PRUX conte co consenso e chegue a bo fin.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -