_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O parque empresarial do Pousadoiro estrea alumeado eficiente e cun sistema de telexestión

O parque empresarial do Pousadoiro estreará esta tarde o novo sistema de alumeado público que vén de instalar o Concello co obxecto de mellorar o servizo e incrementar a eficiencia enerxética do mesmo. Cun investimento de 55.600 euros, o Concello renovou as 87 luminarias do polígono e instalou un innovador sistema de telexestión que permite programar a distancia funcións como acendido e apagado dos farois ou a regulación da intensidade lumínica. Ademais, a utilización de tecnoloxía led permitirá ao Concello reducir ata nun 82% o gasto por consumo eléctrico.
11.01.2018.- Segundo os cálculos que figuran na memoria dos proxecto, as actuais luminarias consumen anualmente 79.789 kilowatios/hora, que coa tecnoloxía led reducirase a a 14.189 kWh/ ano. En termos económicos, o gasto por consumo de electricidade nas zonas públicas do polígono do Pousadoiro pasará dos 11.968 euros anuais que se están a pagar na actualidade, a tan so 2.118 euros, o que supón un aforro dun 82%.

Pero a maiores desto, o sistema de telexestión supón toda unha novidade. As instalacións do Pousadoiro son as primeiras do municipio nas que se instala este equipamento que permitirá aos responsables de Electricidade do Concello controlar o funcionamento do alumeado público do parque empresarial a través do teléfono móbil ou dun ordenador portátil. Demais de permitir programas función de acendido e apagado ou de axustar os niveis de intensidade lumínica de cada farol en función das necesidades (por exemplo dando máis potencia a unha zona con paso de peóns) tamén lanza alertas para advertir de apagados indebidos ou avarías. Isto permitirá detectar ao instante as anomalías e, consecuentemente, axilizar os procedementos de rearmado ou arranxo das avarías.
Ademais da substitución das luminarias e a instalación do sistema de telexestión, a actuación incluíu a reposición de 540 metros de cableado soterrado e a reparación dos báculos que se atopen en mal estado.

A renovación dos sistema de alumeando público do Pousadoiro afectou ao total das 87 luminarias das vías públicas e zonas de aparcamento do parque empresarial. A actuación cofinanciárona Concello e Xunta de Galicia. A administración municipal contribuíu con 11.118 euros e a Consellería de Industria cos 44.472 euros restantes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -