_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O luns entra en vigor a nova reordenación de tráfico no entorno da Praza de Galicia

As obras de humanización da Praza de Galicia inícianse o luns, 15 de xaneiro, polo que ese mesmo día entrará en vigor a reordenación de tráfico que afectará as rúas do entorno. A peonalización do tramo entre os cruces de Conde Vallellano e Edelmiro Trillo conlevará o cambio de sentido da circulación en Padre Feijó, Arapiles e Duque de Rivas. Sobre esta é as demais medidas prevista informarase mediante paneis informativos nos principais accesos ao centro da cidade e tamén na zona afectada, onde ese mesmo día cambiarase a sinalización horizontal e vertical conforme á nova ordenación.
11.01.2018.- Os cambios circulatorios poranse en marcha a partir das 8 da mañá do luns. A peonalización da Praza de Galicia terá como consecuencia que o tráfico procedente de Doutor Tourón e Praza de España se desvíe cara a Praza da Independencia e San Roque na intersección con Padre Feijó que, como xa se dixo, cambia de sentido. Esa será a opción para o tráfico normal xa que na intersección anterior cara a Praza da Independencia (no cruce do colexio das Franciscanas, só se permitirá circular a taxis, transporte público e vehículos de carga e descarga.

Dende a Praza da Independencia non se poderá acceder á Praza de Galicia, debido á súa peonalización e, consecuentemente, tampouco a Conde Vallellano e Arcebispo Lago nin as rúas seguintes como Alexandre Bóveda, Praza de Abastos ou Avenida da Mariña. Para acceder a estas, a Policía Local recomenda ao tráfico procedente da N640, avenidas de Cambados e de Vilanova que o faga a través de Pablo Picasso e Valle Inclán. E para os que pretendan chegar a esas mesmas zonas dende Carril, a alternativa é facelo a través de Rivero de Aguilar (vial portuario que discorre entre o Parque Miguel Hernández e a zona TIR).

Recomendase a dirección San Roque, Juan Carlos I e Rivero de Aguilar (vial portuario), aos vehículos que procedentes de Avda. Carolinas, queiran acceder a Arcebispo Lago, Alexandre Bóveda (zona de mercado), Porto, Conde Vallellano e Avenida da Mariña.

Gañar un espazo agradable para o esparexemento dos cidadáns

A peonalización e humanización da Praza de Galicia abrangue o tramo da Praza de Galicia comprendido dende o cruce con Padre Feijó ata o de Conde Vallellano. Ademais de eliminar o tráfico rodado da zona, excepto para actividades de carga e descarga ou emerxencias, o proxecto de humanización intentará recuperar a antiga imaxe de que tiña a zona por cuxas inmediacións discorría un regato que viña dende o que hoxe é a rúa Alcalde Rey Daviña, anteriormente denominada Rúa do Río. Para recrear unha zona de alameda, plantaranse especies arbóreas que aporten verde e frescor a unha Praza na que hoxe domina o gris da pedra, e construiranse unha especia de canais ou acequias que cumprirán unha dobre función: na temporada seca funcionarán a modo de fontes e na de choiva favorecerán a recollida e absorción das augas , reducindo o risco de inundacións nunha zona onde a capa freática atópase case en superficie.

O proxecto inclúe a instalación de mobiliario urbano (bancos, farois, papeleiras…), así como a revisión e renovación das redes de servizos municipais de abastecemento e saneamento.

A empresa Marco, adxudicataria das obras, tamén comezará a traballar o luns na zona. O proxecto finánciase a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación correspondente ao ano 2017 e cun orzamento de 353.593 euros.

Reducir as molestias

O Concello prega a máxima comprensión e colaboración por parte dos condutores, en especial durante as primeiras semanas nas que é de esperar certa confusión ata que non se familiaricen coa nova ordenación de tráfico. En canto aos veciños e resto dos cidadáns, o goberno local prégalles paciencia polas lóxicas molestias que as obras poidan ocasionar durante a súa execución, lembrando que se verá compensados cos beneficios que suporá a peonalización.

Co obxecto de reducir o máximo posible estas molestias, o Concello coordinouse coa empresa adxudicataria para organizar os traballos e prever todas as medidas que faciliten o paso dos peóns e acceso a garaxes polas zonas en obras.

Descarga aquí o plano cos cambios de tráfico:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -