_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
A liña do autobús de Vilaxoán a Vilagarcía varía a partir do 15 de xaneiro e inclúe paradas no ambulatorio e en Ravella

A reordenación do tráfico rodado como consecuencia da humanización da Praza de Galicia provoca variacións na liña de autobús urbano que fai o traxecto de Vilaxoán a Vilagarcía. Os cambios afectan ao último tramo do traxecto ao terse que desviar o autobús cara a Praza da Independencia e San Roque antes de dirixirse ao final de traxecto no Cavadelo. A medida coordinada entre a Concellería de Mobilidade, a Policía Local e a empresa concesionaria do transporte urbano, aproveitouse para mellorar o servizo incluíndo novas paradas en puntos de especial afluencia de persoas, como a que dará servizo ao ambulatorio de San Roque e ao instituto Castro Alobre e aos apeadeiros na Porta da Luz Salgada e Praza de Ravella.
O novo traxecto que entra en funcionamento este luns, 15 de xaneiro, mantense sen cambios dende a saída en Vilaxoán ata a Praza de España. Dende esta parada, o bus seguirá por Edelmiro Trillo para desviarse cara a Praza da Independencia e Rúa San Roque. A nova parada farase á altura da capela de San Roque, co que tanto pode ser de utilidade para os alumnos do instituto Castro Alobre como para as persoas que acudan ao centro de saúde. Posteriormente o bus continuará ata a rotonda da Porta da Luz Salgada -onde os viaxeiros poderán apearse- e dará a volta para regresar pola mesma Rúa San Roque e seguir por Juan Carlos I. Na Praza de Ravella (á altura do bar Campos) farase unha nova parada de apeadeiro para continuar a marcha ata a Rotonda do Ramal, onde xirará para dirixirse por Rivero de Aguilar ata o final de traxecto nas dársenas do Cavadelo.

Manter a parada na Praza de España

Este novo trazado da liña que vai de Vilaxoán a Vilagarcía é unha das dúas alternativas que se barallan como consecuencia da reordenación do tráfico no entorno da Praza de Galicia. Optouse por esta co obxecto de prestar o mellor servizo á cidadanía, en canto que este trazado permite manter a parada na Praza de España (fronte a igrexa de Santa Baia), unha das que conta co maior número de usuarios.

A outra alternativa posible implicaría perder este punto de recollida e baixada de pasaxeiros e consistiría en derivar a liña dende Doutor Tourón pola Avenida Rodrigo de Mendoza. O percorrido final sería o mesmo que no caso anterior: dende a rotonda da Porta da Luz Salgada, cunha parada no instituto Castro Alobre e outra en Ravella.

Alternativa de proba

En todo caso, nestas primeiras semanas o novo trazado porase a proba e iranse recollendo as opinións dos usuarios da liña por si fora necesario realizar axustes ou incluso probar a segunda alternativa, sempre coa intención de adaptar o servizo á demanda e necesidades dos viaxeiros.

Tamén se advirte que durante os primeiros días é posible que os tempos das viaxes se vexan alterados como consecuencia da variación do percorrido, distancia e influencia do tráfico, polo que, tras a proba destas primeiras semanas avaliarase si existe a necesidade de facer cambios nas frecuencias da liña.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -