_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello renova 100 metros de tuberías de saneamento e auga na zona dos Duráns

O Concello de Vilagarcía comeza ao luns unha nova actuación de mellora das redes municipais de saneamento e abastecemento de auga. A obra levarase a cabo na zona de Os Duráns, concretamente ao remate da rúa López Ballesteros, e consistirá na substitución das canalizacións de ambos servizos nun tramo de 100 metros de lonxitude. Os traballos porán fin ás reiteradas avarías por rotura dos condutos na traída de auga que se estaban a producir dende hai un tempo debido á antigüidade e deterioro das mesmas.
13.01.2018- Aínda que os traballos responden a unha necesidade evidente de mellorar o abastecemento de auga nesta zona, tras realizar unhas catas exploratorias, o Concello decidiu aproveitar para substituír tamén a canalización do saneamento a efectos preventivos xa que tamén é moi antiga e presenta un alto o risco de rotura.

A actuación comezará na esquina da avenida López Ballesteros coa Rúa Pascual Veiga (ao remate da estación de autobuses) e prolongarase durante 100 metros cara o barrio da Torre. Os traballos executaranse directamente con persoal municipal e consistirán na substitución das vellas canalizacións de fibrocemento dos dous servizos por outras de PVC. Tamén se construirán novos rexistros e acometidas.

Con esta actuación o Concello trata de resolver a problemática de roturas na rede de abastecemento de auga potable que se viña repetindo dende hai un par de anos e que se agudizara nos últimos meses. Como consecuencia das roturas da canalización de fibrocemento, os veciños da zona sufrían cortes de auga durante as horas que duraba a reparación da avaría.

Esta nova obra enmárcase no plano de actuacións que está a levar a cabo o goberno local dende hai dous anos para ir renovando toda a rede de saneamento e abastecemento de auga, en estado precario debido á falta de investimentos durante os anos anteriores.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -