_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Ábrese o prazo para solicitar as axudas para a rehabilitación e reforma de edificios e vivendas das ARIs

O Concello de Vilagarcía vén de abrir o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación e reforma de edificios e vivendas situadas nas ARIs de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. O Concello dispón este ano 2018 dun orzamento de 357.203 euros para subvencionar proxectos de rehabilitación de inmobles o de mellora das condicións de habitabilidade das vivendas. Os interesados poden tramitar as solicitudes e informarse sobre o programa na Oficina Municipal de Rehabilitación con sede en Fexdega. O prazo remata o 16 de marzo.
15.01.2018.- As subvencións que para rehabilitar edificios nos cascos vellos fináncianse a través do convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Vilagarcía. Os 357.203 euros dispoñibles este ano repartiranse a partes iguais entre as tres ARIs, polo que cada unha delas contará con 119.067 euros para repartir en subvencións. As axudas irán destinadas a calquera tipo de obra de rehabilitación, reforma e acondicionamento dun piso, edificio ou casa unifamiliar. Segundo o convenio, a previsión é financiar un total de 18 proxectos, seis para cada casco.

Con esta liña de axudas a través das ARIs contribúese a recuperar e conservar o patrimonio arquitectónico dos núcleos históricos do municipio, a mellorar as condicións de vida dos seus habitantes e a favorecer a dinamización destas zonas.

Calefacción, illamentos de fachadas ou adaptación de baños

Aínda que nos primeiros anos de desenvolvemento das ARIs, os proxectos correspondíanse con obras de rehabilitación integral de edificios, dende hai un tempo as actuacións máis demandadas corresponden a obras menores. De feito, a maioría dos proxectos subvencionados nos últimos anos enmárcanse principalmente no apartado de mellora da eficiencia enerxética e da estanquidade dos edificios, no que se inclúen obras de substitución de cuberta, illamento de fachada, mellora do acabado exterior, substitución das carpinterías exteriores, restauración de fachada ou obras para acabar con humidades e filtracións. Outro dos apartados para o que se solicitan axudas é para adecuación dos inmobles máis antigos ás condicións hixiénicas e de habitabilidade, renovación da fontanería, saneamento e calefacción.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -