_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
O Concello adquire dous semáforos para regular o tráfico na problemática zona do Salgueiral-Bamio

Garantir a seguridade dos peóns no problemático cruce da estrada PO-192 á altura do Salgueiral-Bamio é o obxectivo da decisión adoptada polo goberno local de regular o tráfico na zona mediante semáforos. Para levar a efecto a medida, o Concello adquiriu os dous equipos semafóricos cun investimento de 18.000 euros. A instalación dos semáforos recibiu o visto bo da Xunta de Galicia, titular da estrada, aínda que tivo que ser o Concello que financiase a actuación para non prolongar durante máis tempo os elevados riscos que corren os peóns que atravesan este punto para acceder ao Centro do Instituto Social da Mariña ous ás paradas do transporte escolar.
1501.2018.- A demanda de medidas de seguridade neste punto do Salgueiral é unha vella demanda dos veciños da zona que o executivo que preside Alberto Varela adoptou como prioritaria dende o principio do mandato. Tras varias conversas e reunión cos responsables de Estradas da Xunta, despois de barallar outras medidas, como a instalación de bandas de freado para reducir a velocidade dos vehículos, a administración autonómica veu con bos ollos a instalación dos semáforos como posible solución, aínda que non comprometía o gasto dos mesmos nin daba prazo concreto para facelo. Por esta razón, e para previr riscos, o Concello ofreceuse a financiar a compra con fondos propios.

Os semáforos foron encargados xa á empresa Equipos de Señalización y Control S.A. polo que a súa instalación executarase tan pronto como a actuacións e coordine coa Xunta.
Outras das peticións que o alcalde trasladara á Xunta xa hai tempo é a continuación da construción das beirarrúas en Bamio, tema sobre o que se lles insistirá.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -