_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Cortegada exhíbese en FITUR no marco da candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade

Vilagarcía volverá a contar este ano con presenza na Feira Internacional de Turismo FITU que se celebra esta semana en Madrid e farao exhibindo a bandeira de Cortegada no marco das aspiracións do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a ser declarado Patrimonio Natural da Humanidade pola UNESCO. O alcalde, Alberto Varela e o concelleiro de Turismo, Juan Antonio Pérez Callón asistirán mañá ao acto organizado pola Xunta de Galicia para presentar a candidatura Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas aos operadores turísticos de todo o mundo.
16.01.2018.- Como se sabe, a candidatura incluíuse no mes de outubro na Lista indicativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, paso previo indispensable para que a UNESCO poida valorar o seu recoñecemento mundial.

Varela, xunto cos alcaldes dos demais municipios nos que se enmarca o Parque Nacional composto polas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, foi invitado polo Concelleiro de Cultura ao acto a celebrar no stand institucional de Galicia ás 11.30 horas de mañá mércores. Como promotora da candidatura, a Consellería deseñou unha proposta sólida e integral, que presenta todo o Parque Nacional das Illas Atlánticas no seu conxunto e que pretende amosar ao mundo a xoia natural de altísimo valor paisaxístico e turístico que conforman estes territorios insulares. Valores que no caso de Cortegada, se ven incrementados pola propia historia da illa situada na desembocadura do Ulla, doada ao Rei Alfonso XIII para acoller una residencia de verán que nunca se chegou a construír, vendida a unha sociedade que pretendía urbanizala e fulminando a súa riqueza natural, e recuperada case un século despois para o dominio público grazas á loita e ao empreño de todo un pobo e da implicación das administracións local e autonómica.

A isto engádese a singularidade de Cortegada respecto ás demais illas do Parque Nacional, por tratarse da única emprazada nunha zona intermareal á que se pode acceder a pé durante a baixamar e por albergar un dos maiores bosques de laurisilva de Europa, entre outros factores.

O alcalde de Vilagarcía e o Concelleiro de Turismo tamén participarán o xoves nos actos de promoción turística programados pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés, coas súas respectivas propostas na que se integra Vilagarcía.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -