_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello asume a renovación do cableado eléctrico do Paseo Marítimo, non previsto no proxecto de Costas

O seguimento que o goberno local está a facer das obras de reforma do Paseo Marítimo que está executando Costas, ademais de ser un feito constatable, evidénciase na pronta detección de imprevistos e na adopción das medicas correctoras necesarias. Este é o caso dos problemas existentes no trazado das liñas eléctricas de alumeado, descubertos ao levantar o paseo e que fan necesaria a substitución das canalizacións. Dado que esta actuación non estaba prevista no proxecto redactado por Costas, en lugar de deixala sen acometer, o goberno decidiu aproveitar a ocasión e asumir o custe da mesma para evitar avarías futuras que supuxeran perforar o paseo unha vez feito. Os traballos levan días realizándose.
19.01.2018.- O custe da actuación no primeiro tramo do Paseo, o que vai dende O Ramal ata á Compostela- que é o que xa está en execución-, ascende a uns 18.000 euros. Aínda está sen orzamentar a obra no tramo de Carril, que tamén financiará o Concello. Non obstante, debido ao contacto permanente que manteñen os responsables do goberno local cos de Costas, o organismo estatal xa accedeu a incluír a substitución da instalación eléctrica na segunda fase da reforma, á que afectará ao tramo intermedio do paseo.

A actuación que financiará o Concello non se limitará a substituír a canalización, senón que servirá para mellorar o servizo de alumeado do paseo que ata o de agora contaba só con unha toma lineal de subministro eléctrico para todo o trazado, o que provocaba que en caso de avaría nun punto da toma, o corte afectase a todas as farolas do paseo. Cos traballos que se están realizando, cada cadro eléctrico contará con tres tomas monofásicas. Así, de avariarse unha toma, o corte de luz non afectaría a todo o paseo, xa que o subministro podería continuar a través das restantes tomas. O novo sistema tamén permitirá regular selectivamente o funcionamento individual das farolas, dando opción a prender todas seguidas ou de xeito alternativo en función das necesidades de cada tramo ou como medida de aforro enerxético.

Como é lóxico, para realizar o cambio da instalación eléctrica no paseo, foi preciso cortar a corrente para que os traballadores poidan operar sen risco a electrocutarse. E como o sistema so dispoñía dunha toma de subministro, esta é a causa pola que o alumeado non funciona.

En canto á seguridade para os peóns, como tamén parece lóxico, o acceso á zona en obras non se permite por obvios motivos de seguridade e Costas instalou pasos alternativos e ramplas para facilitar temporalmente o tránsito dos viandantes, especialmente dos que leven carros de bebés ou teñan problemas de mobilidade que non poden transitar comodamente pola area. En todo caso, cómpre lembrar existe a alternativa de evitar os tramos en obras paseando pola zona de prado ou pola de praia e polas rúas co casco vello en Carril. E mentres non se repoña o alumeado, o máis aconsellable pola noite sería realizar o traxecto pola Avenida Rosalía de Castro.

Todas estas cuestións, están sendo tratadas cos responsables de Costas e da empresa que executa os traballos. En todo caso, o Concello lembra que a reforma do paseo marítimo era unha demanda que os vilagarciáns viñan realizando dende hai moitos anos. Trátase dunha obra moi necesaria para mellorar a mobilidade e garantir a seguridade da multitude de persoas que usan esta senda e que sufrían numerosos tropezos e caídas debido ás irregularidades do enlousado de pizarra. Para acabar con esta situación hai que realizar obras que, inevitablemente, conlevan molestias durante un tempo. Por isto, prégase desculpas aos veciños á vez que se lembra que o sacrificio verase compensado cando remate a esperada e necesaria reforma do paseo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -