_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello estudará a proposta de Arousa en Bici para conectar a Vía Verde coa rede de rutas ciclistas EuroVelo

O Concello de Vilagarcía estudará a viabilidade da proposta que vén de realizar a asociación Arousa en Bici para conectar a futura Vía Verde do Salnés coa rede de rutas ciclistas do proxecto europeo EuroVelo. Os representantes do colectivo arousán expuxeron esta idea á edil socialista na reunión que mantiveron esta mañá e que tiña como obxecto darlles a coñecer o proxecto da Vía Verde que os concellos de Vilagarcía, Caldas de Reis e Portas executarán en breve aproveitando o trazado en desuso da vía do ferrocarril.
19.01.2018.- Francisco Cuba e Emilio García valoraron moi positivamente o proxecto da Vía Verde do Salnés posto que se trata dunha senda que polas súas características e deseño será perfectamente compatible para o uso peonil e ciclista e que está previsto que conte cos stándares de calidade que se requiren para ser incluída no proxecto EuroVelo. Esta iniciativa impulsada pola Federación Europea de Ciclistas ten como obxectivo crear unha rede de ciclovías que permita percorrer Europa en bicicleta e de forma segura. A Galicia a rede EuroVelo chega cun trazado que ven de Francia e discorre en paralelo á Cornixa Cantábrica, e outra que ven dende o sur pola costa atlántica a través do camiño portugués. Precisamente a proposta de Arousa en Bici sería que a Vía Verde do Salnés conectase co Camiño Portugués á altura de Catoira. García Sanmartín comprometeuse a estudar a viabilidade da medida e volver a convocar a Arousa en Bici para analizar conxuntamente posibles trazados.

Os representantes de Arousa en Bici expuxeron outros asuntos de actualidade no encontro, como a súa valoración positiva das obras de humanización da Praza de Galicia e animaron ao goberno local a completar a peatonalización do centro da cidade como se está a facer nas cidades máis avanzadas de Europa. Neste mesmo sentido tamén agradeceron a aposta que o executivo de Alberto Varela está a realizar por promover o uso da bicicleta como medio de transporte alternativo tanto a través do servizo público de aluguer VaiBike, como a dotación de máis infraestruturas como é o caso da prolongación prevista do carril bici no Paseo Marítimo ou a creación das ciclovías que está previsto iniciar este mesmo ano na cidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -