_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O CIM rexistrou nos dous últimos anos un incremento progresivo de usuarias de entre 15 e 24 anos

O número de mulleres novas que require dos servizos do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Vilagarcía incrementouse de forma progresiva nos últimos dous anos. Así se desprende da memoria presentada polo servizo, na que se apunta que as usuarias de entre 15 e 24 anos pasaron de 2 en 2015 a 18 en 2017. O mesmo aconteceu coas mulleres atendidas por situacións de violencia de xénero, que se aumentaron de 47 a 66 no mesmo período.
20.01.2018.- Segundo os datos recollidos na memoria anual do CIM de 2017, o perfil xeral do usuario/a do CIM é o de unha muller de entre 35 e 54 anos, con estudos obrigatorios (Primaria ou ESO), casada, divorciada ou en proceso de separación, desempregada e que ten 1 ou 2 fillos ao seu cargo.
Como principais observacións aos datos presentados, a maiores do xa apuntado incremento de mulleres novas de entre os 15 e os 24 anos, tamén hai que destacar que esta tendencia repítese na franxa de idade de 25-34 anos, onde se pasou de ter 18 usuarias en 2015 ás 50 do ano pasado.

Respecto dos niveis de estudos, si se cruzan cos grupos de idade, resulta que as usuarias mais novas teñen un nivel de estudos mais baixo en moita maior medida que o resto dous grupos. Así, entre as usuarias de 15 a 34 anos, o 69,1% destas aparcaron os seus estudos na ESO. É na franxa de idade de 35 a 54 anos onde se da a porcentaxe mais alta de mulleres usuarias con estudos universitarios, o 18,47%.

É importante subliñar a elevada porcentaxe de usuarias desempregadas, o 51,9%, manténdose esta porcentaxe por riba do 50% en todos os tramos de idade. Por outra banda, entre as que traballan, o 51,1% delas o fan en traballos non cualificados.

Respecto das usuarias en situación de violencia de xénero, o seu número incrementouse nos dous últimos anos de forma notable, pasando das 47 de 2015 ás 66 do ultimo ano.
Esta circunstancia ten reflexo en todos os tramos de idade. Elévase en todos eles, excepto entre mulleres maiores de 75 anos.

Entre as atencións realizadas con estas mulleres, tramitáronse 29 axudas económicas ante a Xunta de Galicia ou ante ou INEM.




INTERVENCIÓN POR SERVIZOS
Durante o ano 2017, o CIM DE Vilagarcía realizou un total de 1325 intervencións que se relacionan cun total de 401 usuarias/os (364 mulleres e 37 homes). As intervencións repartíronse de modo que 402 corresponderon ao servizo de Asesoramento Xurídico , 488 ao de Atención psicolóxica , 92 realizáronse no departamento de Atención á Vítimas de Violencia de Xénero, e 343 no de Información de recursos, formación, orientación emprego.

No servizo de asesoramento xurídico o 24,73% das intervencións están relacionadas co dereito de familia. Destas, as que solicitan información xeral sobre procesos de divorcio ou separación representan o 27%, pero a gran maioría, case o 60%, teñen que ver con aspectos relacionados coa modificación de medidas, é dicir garda e custodia de menores e tamén incumprimento de sentenzas de separación ou divorcio.

Todo ou relacionado coa xustiza gratuíta, información, solicitude, seguimento... acada case ou 20% do total dás intervencións do servizo de asesoramento, ao igual que as consultas realizadas sobre dereito civil, cun 20,2%. Destas, o 64% están relacionadas con temas de vivenda, falta de pagamentos , desafiuzamentos, etc…
O servizo de asesoramento xurídico é o que mais consultas recibe de homes, case o 100% dás intervencións realizadas con este colectivo realizáronse neste servizo.

Respecto do servizo de apoio psicolóxico, a terapia individual é a tipoloxía de intervención máis frecuente xa que se aplicou ao 78,8% dás atencións. Das terapias realizadas con mais dunha persoa, as que representan un maior número de atencións son as de carácter grupal, nas súas diferentes modalidades: Grupos de mulleres, mulleres con fillos e de parella.

No servizo de información e recursos sociais, a orientación ao emprego supón o 15,59% do total das atencións realizadas, a maioría delas en relación á incorporación a distintos programas de inserción socio laboral, como ou Programa Clara.

As intervencións relacionadas coa información de cursos, actividades, etc… aglutinaron ao 20,79%, mentres que as relacionadas coa xestión de recursos tanto, para asociacións como a mulleres , supuxeron o 61,16% do total e referíronse a tramitación e asesoramento sobre axudas económicas, sobre recursos doutras institucións ou sobre saúde, entre outros.

Sobre as persoas atendidas, principalmente sinalar que 364 son mulleres. Os homes que utilizaron o servizo fixérono xeralmente por derivación dos servizos Sociais, sendo o principal servizo utilizado por eles o de asesoramento xurídico.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -