_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Christina Rosenvinge, La Habitación Roja e Depedro compoñen o cartel do ciclo “Achégate ao Salón”

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía segue apostando pola fórmula dos concertos matutinos cunha nova edición do programa “Achégate ao Salón”. A boa acollida que a iniciativa tivo nas dúas edicións anteriores fixo que o departamento que dirixe Sonia Outón preparase este ano un cartel potente, con artistas xa consagrados e de plena actualidade no panorama musical, como Christina Rosenvinge, La Habitación Roja ou Depedro. A oferta, xa de por si interesante pola calidade musical, conta co atractivo engadido de contar cun prezo reducido (7 euros entrada individual e 15 o bono para os tres concertos) e de ser de balde para desempregados e menores de 16 anos que acrediten a súa condición.
22.01.2018.- Todos os concertos celebraranse en domingo, ás 13.00 horas e no Salón García. O grupo La Habitación Roja será o encargado de abrir o ciclo o 4 de febreiro, mentres que o 4 de marzo será Depedro quen suba ao escenario da emblemática sala de Vilagarcía. A cantante e compositora Christina Rosenvinge porá o broche de ouro ao programa “Achégate ao Salón” coa actuación que ofrecerá o 8 de abril.


“Achégate ao Salón” é un programa ideado como elemento dinamizador para achegar distintos estilos de música ao público de todas as idades, é dicir, a todas aquelas persoas, familias ou grupos de amigos que se topen polas rúas un domingo a mediodía. Ademais de ampliar a oferta musical da cidade, o programa de concertos matutinos pretende ser un atractivo que active o sector hostaleiro os domingos pola mañá.

Vilagarcía, referente musical durante todo o ano

O alcalde, Alberto Varela agradeceu o traballo realizado pola concelleira de Cultura para poder ofertar aos vilagarciáns un cartel tan atractivo e de tanta calidade como o da actual edición do “Achégate ao Salón”. O rexedor asegurou que o seu goberno continuará apostando por este tipo de programas que, como o Agora Vermú, pretenden cubrir a de demanda de ocio musico cultural polas mañás, xa que pola noite están cubertas, e tamén se potenciarán iniciativas como o “Vila Blues” ou o festival de música Clásica ClasClás que se pon en marcha este ano e que, no seu conxunto, “converterán a Vilagarcía nun referente musical de calidade durante todo o ano”.

A maiores, o alcalde e a concelleira engadiron que a pretensión do goberno é facilitar que todo o mundo poida asistir aos concertos de “Achégate ao Salón” para poder escoitar a artistas recoñecidos a un prezo módico. Por iso a estada se estableceu en 7 euros e se oferta un bono de 15 euros para asistir aos tres concertos. Dado que o programa está deseñado o público familiar, xa que moitos pais acoden sos seus fillos, os menores de 16 anos terán entrada gratuíta, ao igual que os desempregados.

As entradas poden adquirirse por anticipado a través da billeteira telefónica 902 044 226 e da web ticketea.com. A venta anticipada conleva uns custes de xestión. Os menores de 16 anos e os desempregados tamén poden retirar as entradas por ticketea, para o que a plataforma dispón dun apartado especial. En todo caso, igualmente debera acreditar a súa idade ou a condición de estar desempregado o día do concerto ao presentar a entrada. A venta de entradas no día da actuación no propio Salón García queda supeditada á que non se esgoten na venta anticipada.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -