_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O programa Clara chega ao seu fin con vocación de continuidade na inserción laboral das mulleres

O programa Clara, promovido polo Instituto da Muller con fondos europeos e a colaboración de varios concellos de España, entre eles Vilagarcía, chegou ao seu fin despois de case dez meses que serviron por formar e promover a inserción laboral de 25 mullleres desempregadas e en situación de vulnerabilidade.
25.01.2017. A concelleira de Igualdade, Tania García, e unha representante do Instituto, María Ángeles Larrañaga, foron as encargadas de pechar a actividade entregando os correspondentes diplomas. Deuse a circunstancia que varias das participantes non puideron asistir porque están traballando despois de que foran contratadas tralo período de prácticas que incluía o programa Clara.

Esta é a mellor demostración –coincidiron García e Larrañaga- de que programas de estas características non son só necesarios, senón útiles para conseguir o “empoderamento” das mulleres, mellorando a súa autoestima e logrando que poidan participar do mercado laboral. Tanto as representantes políticas como a responsable técnica do proxecto, Rosa Villaronga, avogaron pola continuidade das políticas que, como o programa Clara, inciden na formación e o asesoramento ao colectivo feminino en especial risco de vulnerabilidade.

Neste sentido, García, Larrañaga e Villaronga agradeceron publicamente a colaboración de distintas empresas da comarca para facilitar as prácticas, algunhas das cales acabaron, ademais, en contratos de traballo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -