_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Xa está aberta a inscrición para os cursos de galego (CELGA) presenciais e de teleformación

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse nos distintos cursos homologados de lingua galega, tanto os que se impartirán de forma presencial como os de teleformación. O prazo para anotarse remata o día 26 de febreiro.
06.02.2018.- A Xunta de Galicia convoca anualmente os cursos de coñecemento da lingua galega (CELGA) nos seus diferentes niveis. En Vilagarcía impartirase este ano o de nivel 3. Será no IES Armando Cotarelo Valledor, do 4 de abril ao 24 de maio. As clases serán presenciais, polo que os interesados deberán acudir ao devandito centro de luns a xoves en horario a acordar co alumnado, pero que deberá situarse na franxa das 19 ás 21.30 horas.

Os formularios de inscrición para este curso pódense obter a través da web http://sede.xunta.gal ou recoller no Servizo de Normalización do Concello, sito no andar 1 (Secretaría). A inscrición pode realizarse vía internet ou remitindo a documentación á delegación provincial da Xunta de Galicia, para o cal poderá utilizarse o servizo Portelo Único no Concello.

Por outro lado, a Xunta tamén convocou os cursos de teleformación para os niveis 1 e 4 do CELGA. Neste caso a inscrición deberá realizarase obrigatoriamente a través de internet, cubrindo os formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta: http://sede.xunta.gal

Para participar nos cursos a distancia, os alumnos deberán dispor necesariamente do equipamento informático preciso, conexión a internet, correo electrónico, plugin de flash e micrófono.

Nos formularios de inscrición indícase a documentación que, a maiores, deberán presentar os solicitantes (fotocopia do DNI). En caso de persoas con discapacidade que precisen de apoio, deberán cubrir o anexo correspondente e engadir a documentación que nel se especifica.

Para solicitar máis información ou resolver dúbidas, os interesados poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello chamando ao teléfono 986 099 200, extensións 317 ou 319.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -