_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Augas de Galicia arquiva dous expedientes de verquidos puntuais da rede de saneamento

Augas de Galicia vén de comunicar ao Concello de Vilagarcía o arquivo dos expedientes abertos no mes de setembro por dous verquidos ao mar procedentes das instalacións municipais de evacuación de augas pluviais. O peche das actuacións determinouse tras comprobar o organismo autónomo que as incidencias non eran continuadas e que o Concello atendera xa tiña emendado o problema.
06.02.2018.- O primeiro verquido data do 13 de setembro e produciuse na zona do Porto Deportivo e o segundo, do 21 dese mesmo mes, na zona da Praia da Compostela. A raíz destes casos, Augas de Galicia require ao Concello que acredite as medidas adoptadas para subsanar os problemas detectados. Pola súa banda, a administración local, ademais de atender o requirimento, explica que nas dúas ocasións, tratouse de “incidencias puntuais”. A posterior inspección realizada polo servizo de Control de Verquidos de Augas de Galicia no mes de decembro constata a emenda dos verquidos, polo que o organismo autonómico acorda arquivar os expedientes.

INVESTIMENTO SUPERIOR AOS 600.000 EUROS

Como se sabe, dende hai dous anos e medio o goberno local de Vilagarcía ven realizando numerosas actuacións de mellora das redes de saneamento -tanto da de recollida de augas pluviais como de residuais- co obxectivo de reparar a deficiente situación na que se atopan despois de varios anos sen a execución de obras de mantemento. Esta última circunstancia é a causa de que a obsoleta rede –moi deteriorada pola antigüidade das canalizacións en moitos casos e escasa para atender a demanda das zonas que sufriron un maior crecemento demográfico- se avaríe ou funcione inadecuadamente, o que da orixe aos verquidos a través dos aliviadeiros.

Os investimentos realizados nos dous últimos anos en obras de mellora das redes de saneamento (adquisición de maquinaria nova para pozos de bombeo, ampliación e mellora de tramos de rede, separación de augas residuais e pluviais…) superaron os 600.000 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -