_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O goberno local aproba o proxecto de reforma do parque de Matosinhos, que sairá a contratación por 321.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto realizado polo arquitecto da ARI Iago Fernández para a reforma do parque de Matosinhos, o que implica, na primeira fase, a contorna da escola infantil municipal. O acordo de hoxe implica, de feito, a apertura do proceso de licitación das obras, por importe de 321.706 euros; unha actuación que, polo tanto, comezará en moi poucas semanas, unha vez rematado o proceso de licitación.
05.02.2018. En todo caso, e malia o importante investimento, as obras non son máis que a primeira fase un plan moito máis ambicioso de mellora urbana dunha zona na que ademais de numerosos edificios existe un importante complexo educativo que conforman dous colexios e una gardería. De aí que se decidira iniciar o proxecto, precisamente, pola contorna da escola infantil, xa que é o acceso ao parque e os outros centros (estímase que a diario pasan pola zona unhas catro mil persoas).

O principal obxectivo desta primeira fase é, polo tanto, garantir a accesibilidade e protexer aos peóns. Para conseguilo, o acceso dende Doutor Tourón ata a Escola Infantil converterase nun paseo peonil. As actuais beirarrúas, que teñen pouco máis de medio metro de ancho e moito alto, desaparecerán para quedar todo o paseo ao mesmo nivel e cun firme regular, para o cal se utilizará o formigón tratado como principal materia prima.

Tamén se actuará nos pasos que comunican a Avenida Matosinhos con esta zona. Para salvar a importante diferenza de cota actual, construiranse ramplas de pendente axeitada a fin de permitir un cómodo paso de persoas con problemas de mobilidade ou carros de bebés. Na zona de escaleiras do inicio da Avenida Matosinhos tamén se construirán ramplas e se mellorarán as beirarrúas na área afectada de Doutor Tourón.

O proxecto contempla igualmente unha nova ordenación do tráfico, facilitando que os coches poidan seguir chegando ata as portas da gardería, pero cunha mellor circulación e facendo posible a convivencia cos peóns. Como vén sendo habitual en todo este tipo de obras, o concello aproveitará tamén para renovar as redes de auga e saneamento, o que na zona de Matosinhos ten especial importancia dada a tendencia a sufrir asolagamentos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -