_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Sete comparsas da comarca abrirán o Entroido de Vilagarcía no certame do domingo

Vilagarcía xa ten todo listo para celebrar o Entroido 2018, unha das celebracións máis esperadas e divertidas do ano. O programa abrirase este domingo, 11 de febreiro co tradicional Certame de Comparsas no que este ano participarán sete agrupacións da comarca. O luns será o día dos nenos e das nenas e o martes terá lugar o vistoso desfile de disfraces e carrozas. Como novidade, a Concellería de Cultura contrata este ano a dúas comparsas do municipio para realizar pasarrúas durante a xornada do Martes de Entroido.
07.02.2018.- O Auditorio Municipal será o escenario do Certame de Comparsas que se celebrará o domingo a partir das cinco da tarde. A entrada é libre e de balde ata completar aforo. Este ano actuarán sete comparsas de municipios da comarca, entre elas algunhas cunha longa traxectoria, como Maraghota e Media, de Vilaxoán, ou As máis Plus, do Grove; e outras máis novas, como Jana de Leria ou A Tropa de Moncha A Caralla, ambas do Grove e que participan por primeira vez no festival vilagarciá. A lista de comparsas complétana O Xoubal (Vilaxoán), Os de Noalla (Sanxenxo) e Leña Verde (O Grove). Dado que o certame de Vilagarcía non ten carácter competitivo, a Concellería de Cultura concederá unha compensación económica de 300 euros a cada unha das agrupacións.

Baile Infantil
Como tamén é tradición en Vilagarcía, o luns é o día destinado aos máis cativos da casa. Para eles, a Concellería de Xuventude organiza o Baile Infantil de Disfraces que terá lugar na Praza da Peixería de 17 a 20 horas. O festival estará amenizado por Javi Solla e, ademais de música e baile, haberá outras actividades de dinamización nas que poderán tomar parte os nenos e nenas asistentes. Haberá globlofexia, xogos e farase un chisco á historia e patrimonio local con algunha referencia aos petroglifos dos Ballotes e ao castro de Alobre.

Unha das novidades deste ano na programación deseñada pola Concellería de Cultura é que se inclúen pasarrúas para animar as zonas de ambiente o martes de Entroido. Serás as comparsas de Vilaxoán Maraghota e Media e O Xoubal as que dinamicen as zonas peonís e hostaleiras interpretando as súas chirigotas carnavalescas. O pasarrúas de mañá farase a partir do mediodía é á hora dos aperitivo, mentres que á de tarde será nas horas previas ao comezo do desfile. Deste xeito, o departamento que dirixe Sonia Outón contribúe a ambientar e dinamizar a actividade hostaleira ademais e segue apoiando aos grupos locais e fomentando a súa participación nos eventos socio culturais da cidade.

Precisamente, as rúas da cidade encheranse de color e imaxinación a tarde do martes de Entroido co desfile de disfraces e carrozas que comezará ás 17:00 horas. Os interesados en participar no concurso que entregará 24 premios (12 na categoría de adultos e 12 na infantil) cunha dotación económica total de 4.125 euros.
Os interesados en concursar poderán inscribirse nas dependencias de Cultura (sitas no Auditorio) ata o mediodía do mesmo martes 13 de febreiro.

As bases do certame de comparsas e do desfile concurso de disfraces están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.es
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -