_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno inicia unha nova rolda de negociacións sobre os presupostos de 2018

O goberno local retoma a vindeira semana as negociacións sobre os Presupostos Municipais de 2018. Despois da primeira rolda de encontros mantida con todos os grupos da oposición durante a segunda semana de xaneiro, o executivo que preside Alberto Varela volverá a sentarse a semana que ven con todos eles de forma individualizada e coa idea de tratar de chegar a acordos que permitan aprobar a planificación económica do Concello para este ano. Como se sabe, o executivo de Varela goberna en minoría polo que a negociación é esencial para acadar os votos necesarios para sacar adiante os presupostos.
09.02.2018.- Tal como se comentou no seu día, en xaneiro o goberno entregou aos representantes a documentación inicial sobre a previsión de ingresos e gastos para o ano 2018, entre outra documentación, a efectos de que dispuxeran da información necesaria para elaborar as súas propostas. Despois de dar un tempo prudente para que procederan ao estudio dos datos e planteasen demandas, agora volveranse a reunir para negociar cales poden ter cabida dende o punto de vista político e técnico no documento que finalmente se eleve ao Pleno.

BNG, EU, Somos e o concelleiro non adscrito xa adiantaron xa hai semanas as súas demandas, o que permitiu ao goberno ir estudándoas con tempo. A última formación en facelo foi PP, que as presentou por rexistro esta mesma mañá.


O importe dos orzamentos para este ano apenas variarán respecto a 2017, situándose lixeiramente por riba dos 26 millóns de euros. Tendo en conta que hai grandes partidas practicamente fixas –persoal, limpeza, alumado, etcétera- nas que pouca variación vai haber, a proposta final do goberno socialista incidirá nos apartados de carácter social e nos que contribuirán a crear o seu modelo de cidade. Como nos dous exercicios anteriores, recolleranse as partidas para as becas universitarias, para o pago do IBI e para a Educación Infantil. Tamén se reservarán investimentos para humanizacións de rúas e prazas, mobilidade e mellora da accesibilidade. E prestarase especial atención á mellora do rural e conservación do patrimonio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -