_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Cáritas reúne en Vilagarcía 62,5 toneladas de roupa usada para o programa de reinserción socio laboral

Coa achega de 62 toneladas e media de roupa usada en 2017, os veciños de Vilagarcía deron un importante pulo ao proxecto de integración socio laboral que está a desenvolver Cáritas Diocesana a través da iniciativa “Arroupa Santiago”. A doazón das prendas de segunda man levouse a cabo a través dos contedores instalados por Cáritas na vía pública a través do convenio de colaboración subscrito co Concello de Vilagarcía, ademais do instalado na parroquia Santa Baia de Arealonga e da recollida no local que Cáritas ten na rúa Santa Eulalia.
10.02.2018.- Grazas a este convenio, asinado por primeira vez en 2016, Cáritas puxo en marcha o proxecto de forma inicial cos 6 contedores instalados en rúas de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, aos que en outono de 2017 se sumaron outros 5. A colaboración municipal no proxecto tradúcese na eliminación das taxas de ocupación de vía pública que debe abonar todo elemento que se coloca nas rúas de cidade.


Os 62.482 quilos de roupa que Cáritas reuniu en 2017 no termo municipal de Vilagarcía supuxeron un incremento do 21,7% respecto ao ano 2016. Esta circunstancia debeuse a dous factores. O máis importante, que aumentou a colaboración cidadá. De feito, a cantidade de roupa depositada nos contedores incrementouse en 5 dos dispostos inicialmente. O maior aumento produciuse no instalado no barrio do Piñeiriño, onde case se duplicou pasando dos 5.743,5 quilos aos 10.919 deste ano.

O segundo factor que influíu na evolución ao alza, foi a colocación de 5 novos colectores noutros puntos da cidade e que animaron aos veciños a botar neles a roupa usada que xa non se poñen e colaborar así co proxecto de inserción laboral. De feito, a pesar de que so funcionaron os últimos dous meses e medio do ano, a cantidade de prendas neles depositados nese tempo sumou 4.800 quilos.

A concelleira de Benestar, Tania García, amosou a súa satisfacción pola boa acollida que a iniciativa está tendo entre os vilagarciáns, sobre todo tendo en conta as súas vertentes social e medioambiental. Cómpre lembrar que ademais de colaborar co proxecto de reinserción social e laboral para persoas en situación de emerxencia que desenvolve Cáritas, usando estes contedores tamén se evita que a roupa usado acabe na bolsa do lixo, reducíndose o volume de residuos sólidos urbanos que se xestionan dende Sogama e que sempre resultan máis nocivos para o medio ambiente que a reciclaxe e reutilización da roupa.


O proxecto “Arroupa Santiago” vertébrase a través dunha sociedade limitada cuxo obxectivo é proporcionar un traballo a persoas desempregadas en situación de exclusión social. O seu funcionamento baséase na recollida da roupa usada doada e no seu acondicionamento para a posterior venta como prendas de segunda man ou telas en tendas tamén xestionadas por Arroupa. A roupa máis pasada de moda que non ten saída comercial aquí, destinarase á países en vías de desenvolvemento, onde si a ten.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -