_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Concello e Consorcio acordan a dotación de equipamentos da Escola Infantil de Vilaxoán para a súa posta en marcha

A concelleira de Benestar, Tania García, reuniuse onte co presidente do Consorcio Galego de Servizos de Benestar e Igualdade, Perfecto Rodríguez co obxecto de ir adiantando os trámites necesarios para a posta en marcha da Escola Infantil de Vilaxoán, actualmente en construción. O encontro serviu para abordar a dotación de equipamentos que require o centro para poder funcionar e á contratación do persoal docente.
10.02.2018.- O Consorcio comprometeuse a participar no financiamento de mobiliario e materiais nunha porcentaxe mínima do 80% así como a asumir a contratación e custes do persoal. O Concello, que xa financiou a construción do centro, colaborará coa parte restante dos custes da equipación e nas labores de mantemento da escola, unha vez estea en funcionamento.

Tras a reunión de onte, o Consorcio comezará a traballar na redacción dos convenios que rexerá a colaboración entre ambos organismos. O primeiro que deberá asinarse será o da dotación de equipamentos, co obxecto de ir contratando a adquisición dos mesmos e que estean dispoñibles tan pronto se remate a construción da escola. Con posterioridade deberá formalizarse o convenio referente á xestión da gardería de Vilaxoán, promovida polo Concello de Vilagarcía, pero que pasará a integrarse na rede galega de escolas infantís que xestiona o Consorcio. Isto suporá que o organismo dependente da Xunta de Galicia asume a contratación e gastos do persoal docente, así como a organización e funcionamento do servizo, tal como o fai no centro "A Galiña Azul" de Carril.

A xuntanza de onte responde ao interese do Concello de ir adiantando a tramitación mentres se remata a construción das instalacións en Vilaxoán, de xeito que o centro poida comezar a funcionar tan pronto como se conclúan as obras e pasen a pertinente inspección por parte da Consellería de Educación. García Sanmartín, que acudiu á reunión acompañada da coordinadora de Servizos Sociais, tamén preguntou ao xerente do Consorcio polos prazos que eles manexan para establecer os períodos de matrículas nos centros. Neste punto explicouse que as escolas da Galiña Azul dispoñen de prazos ordinarios e extraordinarios de matriculación, polo que abriríase a convocatoria en calquera deles, dependendo de cando se remate a obra e se dispoña da autorización de Educación. Nestes momentos a construción avanza a bo ritmo. Dende Benestar e o Consorcio farase un seguimento continuado dos traballos co obxecto de facer coincidir os tempos do remate de obra cos de dotación de equipamentos e persoal e coa apertura da matrícula.

Terceira escola pública para crianzas de 0 a 3 anos

A Escola Infantil de Vilaxoán, será o terceiro centro público para crianzas de 0 a 3 anos existente no municipio, xunto coa municipal de A Lomba e a da Galiña Azul de Carril.O executivo socialista decidiu promover a construción deste centro para atender a elevada demanda de prazas públicas que existe neste tramo de idade e porque se considera un servizo necesario tanto a nivel socio educativo como de conciliación da vila laboral e familiar. O goberno que preside Alberto Varela decidiu destinar parte dos fondos do Plan Concellos da Deputación de 2016 a financiar a obra. Co emprazamento en Vilaxoán complétase o eixo norte sur, xa que as outras dúas escolas públicas están en Carril e Vilagarcía, e achégase o servizo a poboación das zonas Vilaxoán e Sobradelo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -