_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
PATRIMONIO
O Concello concorre ás axudas da Axencia Galega de Turismo para poñer en valor unha ruta de cruceiros

O Concello de Vilagarcía pretende crear unha ruta dos cruceiros do municipio. Con esta idea, a principios do pasado verán, o goberno encargou a redacción dunha memoria de actuacións para a posta en valor das cruces máis representativas do patrimonio histórico, artístico e etnográfico local. O seguinte paso a dar é buscar financiamento para levalo a cabo e pasa iso, a Xunta Local de Goberno acordou esta semana solicitar á Axencia Galega de Turismo unha subvención a través da súa liña de axudas para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.
13.02.2018.- O proxecto presupostado en 17.000 euros ten dúas finalidades: por un lado pretende recuperar, conservar e destacar a importancia dos cruceiros como elementos patrimoniais de interese artístico, histórico e etnográfico e, por outro, aproveitar estas potencialidades como recurso cultural e turístico accesíbel. De feito, as axudas da Axencia Galega de Turismo teñen como finalidade o “fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”.

A iniciativa do Concello de Vilagarcía recolle a elaboración dun estudo histórico e o traballo de campo necesario para a documentar os 50 cruceiros que figuran no Catálogo Municipal de Bes a Protexer do municipio e as circunstancias nas que se atopan (en terreos públicos ou privados, por exemplo), así como a elaboración dunha diagnose sobre o seu estado de conservación e a conseguinte realización de propostas de restauración ou medidas de conservación preventivas para cada unha delas. A execución dos traballos de restauración recolleríanse nun proxecto posterior, unha vez concretadas neste.

O que si se efectuará xa a través da proposta para a cal se solicita a subvención é o deseño e confección da sinalización indicativa e paneis informativos (en galego, castelán e inglés), así como a súa instalación, previa realización de traballos de rozado e limpeza dos contornos dos cruceiros.

O proxecto presta especial atención ao apartado de divulgación da ruta e do valor dos propios cruceiros, para o cal se inclúe o deseño, ilustración e confección de audioguías a través de códigos QR e a elaboración dun folleto e dunha guía do roteiro.

Empeño por conservar e divulgar o patrimonio local

Este proxecto da ruta dos cruceiros enmárcase nas medidas que está a desenvolver o goberno local dende o inicio do mandato tendentes a recuperar e conservar o patrimonio histórico, artístico e cultural do municipio e, en especial, de poñelo en valor. As escavacións no xacemento arqueolóxico do Castro Alobre e as melloras de accesibilidade na súa contorna, a posta en valor dos petróglifos dos Ballotes, as visitas guiadas con escolares a ambos enclaves, ou a inminente restauración dos lavadoiros tradicionais de Vilaxoán e Trabanca Badiña, sion algunhas das actuacións desenvoltas neste sentido.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -