_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  ORGANIZACIÓN MUNICIPAL / Delegacións Municipais

As Delegacións no Concello de Vilagarcía de Arousa foron fixadas por Resolución da Alcaldía. A Delegación conferida comprende a dirección interna e a xestión dos servicios correspondentes á devandita área, debendo quedar garantida a unidade de goberno na xestión municipal, polo que a Alcaldía deberá recibir información detallada das xestións realizadas no servicio da competencia delegada, sendo informada previamente da adopción de decisións de transcendencia. De igual xeito, ningún concelleiro delegado pode, á súa vez, delegar noutro concelleiro as atribucións que a el lle foron delegadas pola Alcaldía.

DELEGACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E PERSOAS MAIORES
DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN, que comprende o seguinte ámbito:
a. Servizos Sociais.
b. Política de igualdade, violencia de xénero e temas vinculados ao colectivo
LGTBIQ+
c. Persoas Maiores.
d. Supervisión do funcionamento da Escola Infantil de Vilagarcía e Arousa e
coordinación coas Escolas Infantis de O Carril e Vilaxoán.
e. Coordinación dos servizos relacionados coa infancia: (Educación Social)
f. Axuda no fogar
g. Servizo Conciliatardes.

DELEGACIÓN DE EDUCACIÓN E DEPORTES:
D ARGIMIRO SERÉN MERA, que comprende o seguinte ámbito:
a) Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica
deportiva e instalacións deportivas.
b) A Presidencia da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais.
c) Os asuntos relacionados cos temas educativos, que inclúe o mantemento e
conservación dos centros públicos docentes (CEIPs).
d) Supervisión do funcionamento do Conservatorio e da Escola Municipal de
Música.
e) Bibliotecas Municipais.
f) Servizo de limpeza de Colexios, Instalacións Deportivas e Outros.

DELEGACIÓN DE URBANISMO, MOBILIDADE E XESTIÓN DOS FONDOS
EUROPEOS (FEDER):

DONA PAOLA MARÍA MOCHALES, que comprende o seguinte ámbito:
a) Supervisión do funcionamento e das competencias da Xerencia Municipal de
Urbanismo.
b) Coordinación dos traballos de revisión do PXOM.
c) Preparación das propostas en materia urbanística.
d) Supervisión das obras adxudicadas polo Concello encomendadas a empresas
contratistas externas.
e) Propostas relativas á contratación de proxectos técnicos e execución de
obras.
f) Obras relacionadas con temas de mobilidade, peonalización, transporte, etc.
g) Xestión da Estratexia DUSI “Vilagarcía Avanza” e proposta de futuras
solicitudes de axudas a Fondos Europeos.
h) Accesibilidade.

DELEGACIÓN DE OBRAS, ALUMEADO PÚBLICO E RELACIÓNS VECIÑAIS:
D LINO MOURIÑO SANTIAGO, que comprende o seguinte ámbito:
a) Interlocutor municipal coas asociacións veciñais e comunidades de montes.
b) Atención ás queixas e necesidades formuladas polos veciños das zonas rurais
e urbanas do Concello relacionadas coa Delegación.
c) Rede de sumidoiros.
d) Servizos Municipal de Obras.
e) Iluminación pública.
f) Vías públicas.
g) Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, abastecemento de auga
potable e depuración.
h) Mantemento dos espazos públicos urbanos e rurais.
i) Cemiterios

DELEGACIÓN DE CULTURA, NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA E PERSOAL.
DONA SONIA OUTÓN CASAL, que comprende o seguinte ámbito:
a) Iniciativa, programación e xestión de actividades culturais e festas.
b) Normalización lingüística.
c) Coordinación e supervisión do servizo de cultura.
d) Intervencións culturais.
e) Proposta de uso das instalacións culturais a entidades e particulares.
f) Coordinación e supervisión do servizo de cultura e funcionamento do
Auditorio, Sala de Exposicións Rivas Briones, Salón García, Praza da Peixería
e Centros Culturais de titularidade municipal.
g) Os recursos humanos do Concello, o que conlevará as directrices en materia
de persoal, participar en negociacións sindicais e temas en materia de réxime
interior.
h) Concesión de vacacións e permisos aos empregados municipais.
i) Prevención de riscos laborais.

DELEGACIÓN DE TURISMO, NOVAS TECNOLOXÍAS E ADMINISTRACIÓN
ELECTRÓNICA.

D. ALVARO CAROU GARCÍA, que comprende o seguinte ámbito:
a. Turismo.
b. Interlocutor coas asociacións representativas da hostalería.
c. Promoción da hostalería municipal a través de actividades que contribúan a
incrementar o turismo na cidade.
d. Informática, telecomunicacións e novas tecnoloxías.
e. Administración electrónica.

DELEGACIÓN DE ECONOMÍA E FACENDA:
DONA LUZ MARÍA ABALO PÉREZ, que comprende o seguinte ámbito:
a. Orzamentos e gasto público.
b. Ingresos de dereito privado e de dereito público, propostas sobre ordenanzas
fiscais.
c. Recadación en período voluntario e executivo, incluíndo a inspección
tributaria.

DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE, PARQUES, XARDÍNS E PRAIAS.
D. DIEGO GARCÍA SANTIAGO, que comprende o seguinte ámbito:
a) Parques, Xardíns, praias e Medio Ambiente.
b) Seguemento en materia de vertedoiros incontrolados.
c) Supervisión e control de sanidade ambiental (verquidos augas residuais,
analíticas auga consumo, calidade augas praias, ríos etc.)


DELEGACIÓN DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPREGO e XUVENTUDE.
DONA ALBA BRIONES GAMARRA, que comprende o seguinte ámbito:
a. Emprego e Formación, incluíndo os centros destinados a estas áreas (Escola
Obradoiro, Centro de Formación de Matosinhos…).
b. Promoción do Comercio local
c. Interlocutor coas asociacións representativas do comercio local e autónomos.
d. Mellora, mantemento e conservación dos mercados municipais e
funcionamento do mercado semanal de venda ambulante, así como a
promoción da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa.
e. Coordinación e supervisión do servizo municipal de Xuventude.
f. Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras
administracións ou entidades públicas dirixidas á xuventude.
g. Voluntariado
h. Xestión de Locais de Ensaio.
i. Organización de eventos lúdicos singulares tales como as Festas de Nadal e
outros.
j. Xestión de actividades no recinto de FEXDEGA coa excepción das deportivas.

DELEGACIÓN DE POLICÍA LOCAL, SEGURIDADE CIDADÁ E EMERXENCIAS:
D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ ARAÚJO, que comprende o seguinte ámbito:
a. Propostas de sinalización informativa e prohibicións en materia de tráfico e circulación con carácter temporal.
b. Cortes ou cambios de circulación puntuais debido á celebración de probas.
c. Coordinación e supervisión do Servizo de Policía Local, Protección Civil e
Emerxencias.
d. Medidas de prevención de incendios

DELEGACIÓN DE SANIDADE, CONSUMO E BENESTAR ANIMAL.
DONA MATILDE LAYA LORENZO, que comprende o seguinte ámbito:
a. Servizo de drogodependencias e unidade de día.
b. Supervisión do Servizo de OMIC
c. Policía en materia de tenencia de animais potencialmente perigosos e as
cuestións relativas á canceira municipal.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -