_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  ORGANIZACIÓN MUNICIPAL / Delegacións Municipais

As Delegacións no Concello de Vilagarcía de Arousa foron fixadas por Resolución da Alcaldía de 15 de xuño de 2015. A Delegación conferida comprende a dirección interna e a xestión dos servicios correspondentes á devandita área, debendo quedar garantida a unidade de goberno na xestión municipal, polo que a Alcaldía deberá recibir información detallada das xestións realizadas no servicio da competencia delegada, sendo informada previamente da adopción de decisións de transcendencia. De igual xeito, ningún concelleiro delegado pode, á súa vez, delegar noutro concelleiro as atribucións que a el lle foron delegadas pola Alcaldía.

Concelleiro/a

Ámbito Funcional

Funcións

Alberto Varela Paz

Alcaldía

- Dirección do Goberno

Tania García Sanmartín

Área de Benestar Social e Igualdade

- - Servizos Sociais.
- Servizo de drogodependencias e unidade de día.
- Política de igualdade.
- Persoas Maiores.
- Supervisión do funcionamento da Escola Infantil de Vilagarcía e Arousa e coordinación coa Escola Infantil de O Carril.
- Coordinación dos servizos relacionados coa infancia: (Educación Social)
- Axuda no fogar
- Servizo Conciliatardes.

Argimiro Serén Mera

Área de Educación e Deportes

- Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica deportiva e instalacións deportivas.
- A Presidencia da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais.
- Os asuntos relacionados cos temas educativos, que inclúe o mantemento e conservación dos centros públicos docentes (CEIPs).
- Supervisión do funcionamento do Conservatorio e da Escola Municipal de Música.
- Bibliotecas Municipais.
- Servizo de limpeza de Colexios, Instalacións Deportivas e Outros.

Paola María Mochales

Área de Urbanismo e infraestructuras municipais

- Supervisión do funcionamento e das competencias da Xerencia Municipal de Urbanismo.
- Coordinación dos traballos de revisión do PXOM.
- Preparación das propostas en materia urbanística.
- Supervisión das obras adxudicadas polo Concello encomendadas a empresas contratistas externas.

Lino Mouriño Santiago

Área de Servizos e Relacións Veciñais

- Interlocutor municipal coas asociacións veciñais e comunidades de montes.
- Atención ás queixas e necesidades formuladas polos veciños das zonas rurais e urbanas do Concello.
- Rede de sumidoiros.
- Servizos Municipal de Obras.
- Iluminación pública.
- Vías públicas.
- Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria e abastecemento de auga potable.
- Mantemento dos espazos públicos urbanos e rurais.
- Parques, Xardíns, praias e Medio Ambiente.
- Accesibilidade
- Policía en materia de vertedoiros incontrolados.
- Supervisión e control de sanidade ambiental (verquidos augas residuais, analíticas auga consumo, calidade augas praias, etc)
- Cemiterios

Sonia Outón Casal

Área de Cultura, Xuventude e Persoal

- Coordinación e supervisión do servizo municipal de Xuventude.
- Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras administracións ou entidades públicas dirixidas á xuventude.
- Iniciativa, programación e xestión de actividades lúdicas e festas.
- Voluntariado
- Normalización lingüística.
- Coordinación e supervisión do servizo de cultura.
- Intervencións culturais.
- Proposta de uso das instalacións culturais a entidades e particulares.
- Xestión de locais de ensaio
- Coordinación e supervisión do servizo de cultura e funcionamento do Auditorio, Sala de Exposicións Rivas Briones, Salón García e Praza da Peixería
- Os recursos humanos do Concello, o que conlevará as directrices en materia de persoal, participar en negociacións sindicais e temas en materia de réxime interior.
- Concesión de vacacións e permisos aos empregados municipais.
- Prevención de riscos laborais.

Juan Antonio Pérez Callón

Área de Seguridade, Policía Local e Promoción Económica

- Propostas de sinalización informativa e prohibicións en materia de tráfico e circulación con carácter temporal.
- Cortes ou cambios de circulación puntuais debido á celebración de probas.
- Coordinación e supervisión do Servizo de Policía Local, Protección Civil e Emerxencias.
- Medidas de prevención de incendios.
- Policía en materia de tenencia de animais potencialmente perigosos e as cuestións relativas á canceira municipal.
- Emprego e Formación, incluíndo os centros destinados a estas áreas (Escola Obradoiro, Centro de Formación de Matosinhos…).
- Supervisión do Servizo de OMIC
- Turismo
- Promoción do Comercio
- Interlocutor coas asociacións representativas da hostalería, comercio, autónomos.
- Mellora, mantemento e conservación dos mercados municipais e funcionamento do mercado semanal de venda ambulante.

Luz María Abalo Pérez

Área de Economía e Facenda

- Orzamentos e gasto público.
- Ingresos de dereito privado e de dereito público, propostas sobre ordenanzas fiscais.
- Recadación en período voluntario e executivo.
- Informática, telefonía e novas tecnoloxías.

 

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -