_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Ensino / Conservatorio

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa é un centro público e oficial no que se imparten as ensinanzas de réxime especial de música reguladas pola Lei Orgánica de Educación – LOE - e por conseguinte, conducentes a titulación oficial.

Creado polo Decreto 222/2000, do 13 de setembro, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comezou a súa actividade no curso 2004-2005.

Os estudos de música nos Conservatorios de Música desenvólvense en tres graos: elemental, profesional e superior. Os dous primeiros pódense cursar no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía, mentres que o grao superior unicamente pode cursarse en centros creados específicamente para o mesmo. No caso de Galicia estes últimos ubicados en Vigo e A Coruña.

As especialidades instrumentais que se imparten no centro son: canto, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trombón, trompa, tuba, violín e violonchelo.

O Conservatorio Profesional de Música está ubicado nas instalacións do Auditorio Municipal. As oficinas atópanse no primeiro andar do edificio, e ao longo do curso escolar funcionan en horario de mañá - de 10:00 a 13:00 h - e tarde - de 16:00 a 20:00 h.

Para máis información, poden dirixirse a:

Conservatorio Profesional de Música
Auditorio Municipal
Avda. da Mariña nº 27
36600 Vilagarcía de Arousa

Tel. 986 500 916
Fax: 986 504226
E-mail: conservatorio@vilagarcia.es


PROGRAMAS E AXUDAS

Vilagarcía, a túa escola.
Campaña de animación á lectura.
Becas para estudios.
Bonobús escolar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2017  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -