_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Ensino / Escola Infantil (gardería)
A Escola Infantil Municipal de Vilagarcía, está situada na Avdª. de Matosinhos, A Lomba, próxima ós C.E.I.P. A Lomba e Arealonga.
Teléfono: 986 50 80 68
Directora: María Victoria Castañeiras Barreiro

CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS DO CENTRO:

O edificio foi inaugurado en setembro de 1.994. Trátase dunha construcción de planta baixa con dous soportais cubertos exteriores e un patio con columpios na fachada principal. A extensión total do terreo é de 2.500 m2, dos que 1.000 m2 están edificados. Tódalas dependencias do centro dispoñen de grandes ventanais. As aulas son amplas, moi ben iluminadas tanto natural como artificialmente, e o solo é de cortiza.

A escola conta con:

  • Cocina industrial
  • Comedor
  • Vestiario de persoal
  • Despachos
  • Sala de xuntas
  • Lavandería
  • Botiquín
  • Aula de usos múltiples
  • Aula de bebés-gateo
  • 3 Aulas de 1-2
  • 3 Aulas de 2-3
  • Aula de 3-4
  • 2 baños de uso infantil dotados cada un de varios lavabos e retretes, cambiador e bañeira.

    No patio exterior hai tobogáns e outros columpios de madeira, banco de area, etc. aptos para nenos de educación infantil.

O centro dispón de mobiliario e material adaptado ás idades dos nenos.

Capacidade.
O número máximo de prazas son 160, que varían dependiendo das idades ás que estean destinadas as aulas.

Horario.
É continuado dende as oito da mañá ata as vinte horas da tarde. O neno pode permanecer un máximo de oito horas no centro.
Comedor.- Ofrécese servicio de comedor.
Cotas.- As cotas establéceas a Consellería de Familia da Xunta de Galicia e o Concello subvenciona gradualmente ós pais dependendo da renda da unidade familiar.

Profesorado.
A gardería é unha concesión dirixida por unha empresa composta por cinco persoas tituladas: una pedagoga e catro mestras especialistas en educación infantil que a dirixen dende o inicio da súa actividade. Para completa-lo cadro de persoal están contratadas un auxiliar de puericultura, unha cociñeira e catro técnicos especialistas en xardín de infancia.

Pais.
O contacto cos pais dende a entrevista inicial é directo e diario.

FUNCIONAMIENTO INTERNO

A escola dispón dun proxecto educativo que se desenvolve anualmente, no que se levan a cabo diversas actividades para consegui-los objetivos de xeito globalizado, fomentando a aprendizaxe por descubrimento. Para iso organízanse saídas do centro a exposicións, ó centro comercial, a unha panadería, ó campo de futbol, á pizzería, faise pan en clase, realízanse sesións de seguridade vial coa Policía Municipal, e outras cos bombeiros e coa ambulancia, visítase o parque de Enrique Valdés, recóllese lixo na praia Compostela, etc.

Con todas estas iniciativas, trátase de acadar uns obxectivos relacionados co coñecemento do entorno do neno, da súa cidade, das profesións, así coma a transmisión de valores que fomenten a conservación medioambiental, a reciclaxe, a non diferencia de razas, nin de sexos, etc.


PROGRAMAS E AXUDAS

Vilagarcía, a túa escola.
Campaña de animación á lectura.
Becas para estudios.
Bonobús escolar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2017  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -