_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  ORGANIZACIÓN MUNICIPAL / Xuventude / Oferta formativa

Na Concellería de Xuventude poderás obter información acerca de plans de formación, listados de cursos de formación ocupacional, acceso de maiores de 25 anos á universidade, ciclos formativos, Loxe, opcións no bacharelato, universidades, postgrados, ou formación a distancia).

Dende a Concellería convocamos cada ano diversos cursos de formación presenciais en colaboración con entidades públicas e privadas. Son cursos para traballadores en activo, funcionarios, desempregados, autónomos, etc. Nesta mesma páxina terás información puntual sobre cada convocatoria, ademais de nos medios de comunicación locais.

Pero tamén existe a posibilidade de seguir cursos vía internet. Neste caso, unha das mellores opcións é a denominada:

Aula Mentor. É un programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través do cal se fai unha ampla oferta de cursos mediante o uso das últimas tecnoloxías informáticas e audiovisuais (internet).

Destinatarios: Calquera adulto que desexe formarse para acceder a un posto de traballo ou aumenta-lo seu nivel cultural. Non se require titulación previa, só ser maior de 18 anos.

Certificación: Ó supera-lo curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Características:
• Ensinanzas non regradas para persoas adultas.
• Formación aberta, flexible e a distancia.
• Con titoría telemática a través de internet.
Obxectivos
• Facilita-la oportunidade de actualiza-lo perfil profesional.
• Potencia-lo acceso ó emprego.
• Aumenta-la formación básica.

Matrícula: O prazo de matrícula está aberto todo o ano, excepto agosto, e pode formalizarse en calquera Aula Mentor.
Prezo do curso: 21 euros por 30 días naturais. A primeira matrícula é de 60 días.

Aulas: Dispoñen de recursos tecnolóxicos avanzados, como ordenadores, número de conta en internet para cada alumno, CD-ROM, vídeos, biblioteca, etc. Nelas un profesor-administrador axuda ós alumnos nas súas conexións á rede, na comunicación co titor e en todo o que facilite o proceso de aprendizaxe.

Funcionamento:
• O horario de asistencia á aula acórdase co profesor-administrador dos centros EPA.
• O alumno recibe unha conta de conexión gratuíta a internet e non necesita asistir á aula, excepto para realiza-la proba final presencial.
• Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar e cada alumno leva o seu ritmo de aprendizaxe.
• O titor non está na aula, comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a tódalas dúbidas.


OMIX
(Ofic. Mun. de Información Xuvenil)

Información
  o Atención directa
  o Autoconsulta
  o Accións externas
Asesoramento
Documentación
Difusión

INFOXOVE

Asociacionismo
Carnés para xoves
Ocio e tempo libre
Oferta formativa
Premios e concursos
Programas da Xunta
Programas europeos
Saúde e sexualidade
Subvencións
Vivenda
Voluntariado Social
Xornadas e exposicións

 

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2017  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -