2. COMO CHEGAR
 4 por terra
 4 por mar
 4 por aire
 4 oficinas de turismo
 4 onde aparcar

 

postal



 

 por terra

O viaxeiro que se traslada a Vilagarcía en ferrocarril faino por medio da liña máis utilizada de Galicia: a que enlaza A Coruña e Vigo, no denominado Eixo Atlántico. Na estación de Vilagarcía detéñense tódolos trens que cobren este traxecto, tanto os TRD coma os rexionais, que enlazan o municipio con Santiago, A Coruña, Vigo e Pontevedra. Tanto en Santiago coma en Redondela (no mesmo corredor ferroviario) enlázase coas grandes liñas nacionais.

Os visitantes que chegan no seu propio vehículo teñen varias opcións. Para os que acceden dende o centro de Galicia, existen dúas posibilidades: a N-640, que une Silleda con Vilagarcía, a través do municipio de Caldas, e a C-531, que enlaza Pontevedra con Vilagarcía. A estrada C-550, que percorre a costa occidental galega, de Fisterra a Tui, é a utilizada polos que chegan tanto dende o norte (Santiago) coma dende o sur (Cambados-O Grove).

Dende estas tres vías pódese enlazar con outras de alta capacidade a escasos quilómetros de Vilagarcía. No veciño municipio de Cambados accédese á vía rápida do Salnés, que conta con desvíos a Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e O Grove e, na dirección contraria, a Barro, dende onde se pode conectar coa autopista A-9. Aínda que si o que se quere é acceder directamente a esta autopista, a mellor opción é utiliza-lo enlace no término municipal de Caldas, a só 12 quilómetros do casco urbano de Vilagarcía (estrada a Pontevedra), ou ben directamente a través do Pousadoiro pola estrada “vella” a Caldas de Reis (6 qms.).