5. ONDE ALOXARSE
 4 aloxarse en Vilagarcía
 4 hotel Pazo Rial
 4 hotel Castelao
 4 hotel A Praza
 4 hostal Maty
 4 hotel Ciprés
 4 h. Praia de Compostela
 4 hostal Cantabria
 4 hostal 82
 4 hostal Rey Daviña
 4 hostal Derby
 4 hostal Las Arenas
 4 hostal Chocolate
 4 hostal Stop
 4 camping Río Ulla

 

postal



 

 aloxarse en Vilagarcía

Nas primeiras décadas do século XX, Vilagarcía viviu un gran auxe do turismo, que a converteu na pequena “San Sebastián galega”. Nos últimos anos, a cidade conseguiu recuperar aquel esplendor por medio de iniciativas públicas e privadas como a rexeneración da praia A Concha-Compostela, a construcción do paseo marítimo, a peonalización dalgunhas zonas do casco urbano, a construcción de novos hoteis e a apertura de modernos establecementos hostaleiros. Todo iso traduciuse nunha maior afluencia de visitantes e habilitación de novas infraestructuras para satisfacer tódalas demandas. A fonda tradición turística e a hospitalidade dos vilagarciáns fan que a estancia na vila se converta nunha pracenteira experiencia, que moitos repiten ano tras ano.

Na súa calidade de municipio de maior poboación do Val do Salnés e da Ría de Arousa, Vilagarcía aglutina unha importante e variada oferta de aloxamento, que vai dende un hotel de catro estrelas nun histórico pazo a un cámping, e dende hoteis urbanos ou a pe de praia, a unha económica pensión.

Ademais das suxestións que se ofrecen nesta guía, pódese obter información adicional na Oficina de Turismo Municipal, emprazada no parque do Cavadelo, ou na que depende da Xunta de Galicia, aberta todo o ano nos baixos do edificio da Casa da Xuventude (Av. Xoán Carlos I, número 37).