8. OCIO E DEPORTES
 4 ocio e deportes
 4 praias
 4 vela/piragüismo/remo
 4 submarinismo
 4 natación
 4 pesca
 4 caza
 4 golf
 4 ciclismo
 4 tenis
 4 eventos deportivos
 4 cines
 4 cibers

 

postal



 

 ocio e deportes en Vilagarcía
Vilagarcía ofrece numerosas posibilidades de ocio e tempo libre ó visitante. Durante o inverno existe unha programación estable de representacións teatrais e musicais e no verán son frecuentes as actuacións musicais na rúa. Sete salas de cine, na área lúdica do porto deportivo, garanten estar á última nos estreos cinematográficos, e multitude de instalacións deportivas, cubertas e ó aire libre, permiten manterse en forma en calquera época do ano. Incluso é posible practica-lo golf, pois Vilagarcía é socio do primeiro campo de golf público de Galicia, situado en Meis. E por si todo isto fora pouco, non debemos esquecer un dos principais atractivos do concello: o mar e as praias.