A oitava edición dos bonos Son da Casa arranca este domingo, 1 de decembro, ás 00:01 horas. Son 3.750 packs de 30 euros cada un, dos que o usuario só abona 20 e os outros 10, o concello. A compra unicamente poderá facerse por vía telemática, a través na nova plataforma municipal de entradas e reservas, ticket.vilagacia.gal. Haberá, sen embargo, dúas excepcións de venda física, pensando en aqueles que teñen máis dificultades coas novas tecnoloxías. Unha será mañá, domingo, de 11:00 a 13:00 horas, na praza de Galicia, nunha carpa do concello atendida por membros da asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta, que colabora na campaña. A segunda xornada de venda física será o vindeiro sábado, 7 de decembro, con mesmo horario e emprazamento. Para ambos casos se reservaron 500 packs, 250 en cada sesión. A diferenza doutros anos, nesta ocasión hai que ter en conta que non se admitirá a compra “en representación”, é dicir, unicamente se venderán packs a aquel que aporte o seu DNI e non os de outros. |