O litoral de Vilagarcía de Arousa, entre Vilaxoán e O Carril, á altura do cruce de acceso a Trabanca Sardiñeira, acollerá mañá, domingo 24, o II Medio Maratón “Concello de Vilagarcía”, que tamén servirá para dirimir o campionato galego desta disciplina deportiva. Serán preto de 700 atletas, entre federados e afeccionados, e a proba se desenvolverá entre as 10:30 e as 13:00 horas, con saída e chegada na avenida da Mariña, xunto á praza da II República. |