|
Galiza Nova organiza, co patrocinio do Concello de Vilagarcía e a colaboración de AGNIX e Mancomun.org, unha charla obradoiro de Linux e Software libre. A actividade farase en dous días: o venres, día 27, dende as 20.30 horas, Roberto Brenlla falará sobre "Achegamento ó software libre" no salón de conferencias do auditorio. O sábado, día 28, dende as 12 do mediodía, no centro sociocultural da Torre farase un obradoiro a cargo de Xabier Alonso. Podese contactar coa organización a través do correo electrónico gnsalnes@gmail.com .