|
Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras, fundadores do grupo Escara para a investigación e difusión da obra gráfica, protagonizan esta mostra conxunta na sala de exposicións do auditorio. O gravado, técnica na que os artistas se teñen destacado, é o protagonista desta exposición. Isabel Somoza é licenciada en Bellas Artes pola universidade de Salamanca e na actualidade dirixe o centro de gravado Augatinta. Xabier de Sousa exón dende 1989, co gravado cmo medio de produción da súa obra. é codirector do centro de gravado +Obra gráfica. Finalmente Xosé Poldras, formado en España e no extranxeiro, conta con obra no Reina Sofía de Madrid e noutros museos en españa e no extranxeiro.