|
O Liceo Casino organiza unha serie de concertos coincidindo coa celebración das Letras Galegas. Todos as actuacións se desenvolverán ás 21,00 horas, de acordo co seguinte calendario:
MARTES 25 DE MAIO: Orquestra de Pulso e Púa "Arousa" do Liceo Casino.
MÉRCORES 26 DE MAIO: Junior Band de Vilagarcía de Arousa.
XOVES 27 DE MAIO: Dous grupos de Cámara do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Vilagarcía de Arousa, xunto con alumnado do IES "Castro Alobre", que lerá poemas de Uxío Novoneyra.
VENRES 28 DE MAIO: Coro Infantil e Xuvenil da Escola Municipal de Música "Bernardo do Río" de Vilagarcía.
SÁBADO 29 DE MAIO: Asociación Coro Liceo de Vilagarcía de Arousa.