|
A IV Mostra de Xoves Intérpretes leva ó auditorio a músicos novos e de Vilagarcía e a súa bisbarra. Os intérpretes participan en diferentes categorías, de acordo coa súa idade (ata 14 anos, de 15 a 18, de 19 a 25 anos), e co instrumento que toquen (vento, corda, percusión). A actividade está organizada pola asociación de pais do ensino musical "Atril" xunto coas concellerías de Educación e Cultura. Haberá concertos sábado e domingo, dende as oito e media da tarde.