Observaciones |
|
|
O auditorio vilagarcián terá a honra de acoller por vez primeira na súa historia un concierto da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), unha formación que en moi poucas ocasións ten recalado en Galicia.
A JONDE pertence ao Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, organismo dependente do Ministerio de Cultura. Foi creada en 1983 co propósito de contribuír á formación de músicos españois na etapa previa ao exercicio da súa profesión. O seu obxectivo prioritario é a ampliación e o perfeccionamento dos seus coñecementos a través do estudo e a práctica do repertorio sinfónico e de cámara.
A JONDE ten participado na maioría dos festivais e dos auditorios da xeografía española. A proxección no estranxeiro da orquestra abarca xiras por Bélxica, Rusia, Ucraína, Estonia, Hungría, Francia, Estados Unidos, Italia, Reino Unido, Portugal, Luxemburgo, Alemaña, Holanda e Austria, actuando en salas de concertos como o Théatre deas Champs Elysées de París, a Filarmónica de San Petersburgo, o Carnegie Hall de Nova York ou o Royal Albert Hall de Londres.
No seu concerto en Vilagarcía a JONDE, baixo a dirección de Pablo López, interpretará un programa con obras de Cristóbal Halftter, Richard Strauss, Xavier Montsalvatge e Igor Stravinsky.
|