Observaciones |
|
|
A Banda de Música de Vilagarcía e o coro xuvenil do Liceo-Casino ofrecen o domingo 13 de abril o seu primeiro concerto conxunto. A cita será no Auditorio Municipal a partir das 20:30 horas e suporá unha excelente oportunidade para disfrutar das harmónicas voces dos rapaces que integran o coro acompañadas da recoñecida calidade interpretativa da formación instrumental. Baixo a dirección de Jesús Nogueira, na Banda de Música, e de Marco Lucato, no coro; este multitudinario dúo presentará no Auditorio un atractivo programa composto por coñecidos temas de bandas sonoras de películas e ata se atreverán cun tango.
Programa do concerto: I Parte Lawrence de Arabia, composto por Maurice Jarry e con arranxos de Alfred Reed. Pilatus: Montain of Dragons, de Steven Reineke. El Camino real, de Alfred Reed.
II Parte Los Chicos del Coro/ “Les choristes”, composta por Bruno Coulais Caresse sur l´océan Solista: Ana Carmen Cancio Vois sur ton Chemin Celtic Child, composto por Bert Appermont Solista: Alba Nogueira Tango para 4 o para 24. Composto por Polo Vallejo e con arranxos de Jesús Nogueira e Marco Lucato. |