Observaciones |
|
|
O grupo de rock arousán de maior proxección e recoñecemento ofrecerá na Alameda unha mostra do seu contundente directo, un directo que teñen levado polas principias cidades de España dende que hai pouco mías dun ano iniciaran a xira de presentación do seu disco “Cornelius 1960”, producido por Mick Glossop (Van Morrison, Suede, Frank Zappa…) e pasterizado por Tatsuya Sato (Madonna, Rihanna, Michael Jackson…) . A clave do seu éxito radica, segundo o seu produtor, na eficacia e a calidade das súas cancións, na sorprendente madurez interpretativa de todos os seus integrantes en un acertadísimo uso dos arranxos. |