|
Maquetas de tartaruga de coiro e de golfiño, osamentas de cetáceos ou a reconstrución da aleta pectoral dun Rorxual Xibarte (a máis grande dos cetáceos) son algunhas das pezas que se poderán ver nesta exposición promovida pola Sociedade Galega de Historia Natural. A actividade compleméntase cun ciclo de conferencias.