Observaciones |
|
|
A primeira xira Karting Indoor de Galicia ábrese no recinto de Fexdega. A actividade desenvólverase do sábado 21 ó martes 24 de abril, en horario de mañá e tarde, estando as mañás do luns e do martes reservadas a centros escolares. A entrada ó recinto ten un custe de 3 euros e cada sesión de karting (de cinco minutos de duración) custará 5 euros. No circuíto, deseñado para a ocasión, haberá un total de 12 vehículos, aínda que o seu número podería incrementarse en función das necesidades. Non haberá posibilidade de disputar carreiras, pero si de cronometraxe, para que os asistentes poidan coñecer o tempo investido en cubrir o circuíto. Como complemento da actividade desenvolverase o sábado, dende as dez e media da noite, Gala Karting Indoor, na que participarán o campión e o subcampión galego de montaña; o evento estará animado por un espectáculo da escola Coda no que se mesturarán distintos tipos de música e baile. |