Observaciones |
|
|
Xaquín Chaves volve a xogar en casa e faino cunha macro exposición retrospectiva e actual na que o artista vilagarciá amosa unha selección das súa obra pictórica, da súa escultura e dos seus traballos a medio camiño entre as dúas e as tres dimensión. O corpo principal esta exposición atópase na Sala Rivas Briones, ocupando os tres andares da mesma, e cunha distribución moi pensada. No baixo, e revestida dunha inmensa espectacularidade, sitúanse as pezas máis grandes e as que nunca saíran do estudo de Chaves e unha escolma moi coidada das obras de pequeno formato. A pintura domina o espazo expositivo do primeiro andar, onde os xogos cromáticos e a combinación do estilo figurativo e o abstracto non deixan indiferentes ao espectador. O segundo e último andar amosa a experiencia realizada por Chaves para tratar de dar volume as súas pinceladas. Coa utilización da técnica de collage, o artista fai unha incursión no campo das tres dimensións, sen chegar a crear esculturas propiamente ditas. A mostra completarase, a partir do 24 de abril, cun engadido na Sala de Exposicións do Auditorio.
|