|
A Concellería de Xuventude e Voluntariado organiza unha nova ediciónd a festa da Solidariedade cun repleto programa de actividades que pretenden amosar á cidadanía o traballo que están a desenvolver as ONGs e colectivos sociais do municpios, promover o voluntariado entre a poboación e concienciar cara a solidariedade.
Deportistas como Antóin Paz, Gustavo César Veloso, ou Gómez Noya; famosos como o presentador Terio Carrera e todo aquel que o desexe poderá "Dar o paso" e colaborar na recadación de fondos para fins sociais pedaleando nas bicicletas da "Ruta Solidaria".
Este é o programa da Festa da Solidariedade:
10:30: Apertura da Cidade do Voluntariado 11:00 a 12:00: Experiencias de Voluntariado 12:00 a 14:00: Primeiras pedaladas da Ruta Solidaria 13:00 a 14:00: "Contos coas mans abertas" A Tropa de trapo 14:00 a 16:30: Descanso 16:30: Apertura da Cidade do Voluntariado 16:30 a 17:30: Experiencias de Voluntariado 17:30 a 18:30: A Ruta Solidaria. ültimas pedaladas. 18:30 a 20:00: Músicas do Mundo