|www.caixanova.es, tlf.: 902 504 500 e o día da función no Auditorio
Observaciones
|
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afasal) organiza unha obra de teatro co obxectivo de recadar fondos para financiar os programas de tipo social e asistencial que desenvolve o colectivo, como os grupos de apoio e de atención a enfermos neurodexenerativos. A compañía Migallas é a encargada da posta en escena da obra titulada “Un avó especial”, un espectáculo para todos os públicos. “Un avó especial” é un espectáculo creado por Migallas Teatro e AFAPO destinado ao público familiar, no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudar a comprender situacións que moitas familias viven no seu contorno. Malia a seriedade do tema que trata, ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices. Aparte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre a infancia e os anciáns en xeral, así como diferentes modos de educar aos rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. Ditos tradicionais e enredos son outros elementos da obra.