|Donativo de 5 euros en beneficio da Fundación Lar Pro Saúde Mental
Observaciones
|
O Auditorio de Vilagarcía acollerá entre os meses de outubro e decembro as sete obras que compoñen o Ciclo de Outono de Teatro Galego, iniciativa que trae ó municipio vilagarciá sete das montaxes que máis premios e representacións teñen acadado neste 2010 da man das mellores compañías galegas de teatro.
O ciclo de outono abrirase coa estrea absoluta da nova proposta de Teatro de Adro, a adaptación da obra de José Sanchís Sinisterra “Ai Carmela”, dirixida por Tito Asorey e interpretada por Josito Porto e Melania Cruz.
“Ai Carmela” é un espectáculo cómico de pequeno formato no que a música en directo, interpretada por Sabela Docal, ten unha importancia determinante. A obra é unha reflexión sobre os diversos xeitos de afrontar unha situación de crise: a supervivencia baseada no adormecemento dos nosos postulados éticos ou o risco de poñer diante de todo a nosa liberdade.
“Ai Carmela” é un espectáculo no que a interpretación e a música priman sobre o resto das disciplinas escénicas, un teatro no que o traballo actoral sobresae da aparataxe.